O CITIC e o CICA únense á Open Science de Cambre
venres, 19 de setembro do 2025
O Centro Interdisciplinar de QuÃmica e BioloxÃa (CICA) e o Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña participan esta fin de semana na Open Science de Cambre, que se desenvolve no parque da Igrexa de Santa MarÃa desta localidade coruñesa.
O CITIC centrará a súa presenza en propostas orientadas á accesibilidade tecnolóxica. O domingo, entre as 11 e as 13.30 horas, presentaranse actividades innovadoras que amosan o potencial da tecnoloxÃa como ferramenta de inclusión. AsÃ, o investigador Jerónimo José Pardo RodrÃguez organizará xogos destinados a traballar as capacidades cognitivas de persoas con discapacidade intelectual a través da realidade virtual.
Tamén se poderá probar a actividade Switch, Mario Kart con adaptación ao manexo do mando mediante o tronco ou a cabeza, coordinada por Paula de Santos Dorrego. Pola súa parte, Jorge Rivadulla Brey achegará xogos personalizados pensados para o ámbito da discapacidade, como Compra con-migo.
A maiores, Javier Pereira Loureiro e Irene Brage Vázquez mostrarán unha demostración de pintura cun produto de apoio de cabeza e darán a coñecer algúns dos retos tecnolóxicos do programa Talentos Inclusivos, entre eles un taboleiro de pictogramas elaborado con impresión 3D.
O CICA, pola súa banda, tamén ofrecerá o domingo pola mañá unha actividade divulgativa a cargo da investigadora Natalia Mallo, do grupo GIBE. Baixo o tÃtulo ParasitologÃa molecular para principiantes: conectar arte e a ciencia como clave para atraer ao público, a cientÃfica proporá un achegamento creativo á parasitoloxÃa molecular. A través dunha metáfora baseada nunha caravana, explicará o modo de vida do Toxoplasma gondii e amosará como funcionan os principais orgánulos dunha célula parasitaria. As persoas asistentes poderán crear a súa propia interpretación artÃstica deste organismo mediante selos e outras técnicas de impresión, ao tempo que aprenden como pode infectar as células humanas e alterar as súas funcións.
Con esta participación, ambos centros da UDC reafirman o seu compromiso coa divulgación cientÃfica e co obxectivo de achegala a públicos de todas as idades.
