O CITIC impulsa unha iniciativa para mellorar a calidade de vida das persoas maiores
martes, 20 de marzo do 2018
- Presentación do proxecto en Carballo
Javier Pereira, investigador do Centro de Investigación TIC da
Universidade de A Coruña, é un dos artÃfices do proxecto
Geria-TIC, que xa
está en marcha en diferentes centros DomusVi da provincia de A
Coruña, tal e como lembramos recentemente dende Código Cero. O
obxectivo é desenvolver un modelo de medicamento participativo con
persoas maiores mediante o uso de dispositivos wearables:
pulseiras de medición de actividade e acelerómetros. O propio
Pereira cóntanos deseguido en que consiste o proxecto e cal é o seu
alcance para unha Comunidade coma a nosa, cunha das poboacións máis
envellecidas de Europa.
-Que é Geria-TIC e cales son os seus obxectivos?
-Geria-TIC
é un proxecto de desenvolvemento tecnolóxico e industrial que
fomenta o empoderamento da cidadanÃa facéndoa co-partÃcipe e
co-responsable da xeración e acceso dos seus datos de saúde.
Promove un modelo onde as persoas podemos achegar
datos que poden ser útiles e que se poidan
usar por parte do sistema sanitario para
elaborar plans máis personalizados de tratamento e mellora de
calidade de vida mediante un envellecemento san
e activo.
Aprovéitanse
as posibilidades da tecnoloxÃa actual de rexistro de datos
fisiolóxicos a través de trebellos que
podemos levar postos (wearables)
como son os reloxos intelixentes; pulseiras que miden os pasos, sono,
ritmo cardÃaco; básculas ou termómetros, etc., para crear perfÃs
de saúde que poden ser mellorados mediante diferentes actuacións.
-Como nace esta iniciativa?
-A
iniciativa xorde do interese de tres empresas que uniron esforzos
para mellorar servizos que estaban a prestar. Por
unha banda, a empresa Aldaba Servicios
Profesionales, que
leva xa anos desenvolvendo
solucións que permiten que a cidadanÃa poida rexistrar datos de
saúde a través da súa plataforma ClepIO. Nesta plataforma, a
ClÃnica Cobián, especializada en servizos
sanitarios, principalmente en xinecoloxÃa e obstetricia, estaba
interesada en propor solucións innovadoras para mellorar o problema
de incontinencia urinaria que sofren un elevado número de mulleres a
medida que avanzan en idade.
Por outra banda, DomusVi, fornecedora
de servizos a persoas maiores, tamén coincidiu en detectar este
problema entre os seus usuarios, asà como outros dous problemas como
son as caÃdas e a mala calidade do sono que sofren as persoas
maiores. Entre estes socios e coa colaboración do grupo de
investigación da Universidade da Coruña RNASA-IMEDIR, a través do
Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as
Comunicacións (CITIC) e o Instituto de Investigación Biomédica de
A Coruña (INIBIC) definiuse o proxecto Geria-TIC, que foi presentado
á convocatoria Conecta-PEME
2016 da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia e
apoiado cunha importante axuda económica cofinanciada con fondos
FEDER da UE (IN852A 2016/10).
- Presentación en Oleiros
-De que forma colabora o CITIC?
-O
CITIC, en colaboración co INIBIC, está a colaborar coa
investigación, encargándose de definir os protocolos de
investigación, a recollida de datos das probas piloto e a análise
da información. Desde o grupo do CITIC estableceuse o protocolo e
os requisitos sobre a recollida de datos e definÃronse os contidos
de interese para a avaliación do impacto da participación de
usuarios no proxecto mediante o estudo da calidade de vida
-Cal é o teu papel no proxecto?
-Son
o investigador responsable do equipo de traballo do CITIC, que xunto
con profesor Alejandro Pazos a través do INIBIC, coordinamos co
resto dos socios empresariais o desenvolvemento da
iniciativa.
-En que centros está xa en marcha?
-O proxecto estase a executar mediante estudos piloto en tres centros
de DomusVi: A Coruña (Oleiros), La Ciudad (A Coruña) e Carballo.
Nestes centros, os profesionais de DomusVi e de ClÃnica Cobián
xunto con persoal do noso grupo, están a desenvolver as probas
piloto das intervencións e medicións de datos que son recollidas
mediante o sistema ClepIO. Estes datos son consultados polos propios
participantes e familiares que se autoricen.
- Xuntanza de coordinación da equipa de Geria-TIC en Aldaba
-Como funciona a plataforma ClepIO?
-ClepIO
é unha plataforma que permite o rexistro (automático ou manual) de
datos persoais de saúde. Trátase dun PHR (rexistro persoal de
saúde) con servizos avanzados como neste caso, onde quedan
rexistrados datos de saúde pero tamén datos de tests moi
personalizados para as persoas maiores como son a súa apreciación
de estado de saúde, temores a caÃdas, aspectos de alimentación,
etc. Dende Aldaba
e ClepIO pódense
consultar en detalle todos os seus servizos.
-Como
beneficiará aos usuarios dos centros e
ás súas familias?
-Os
beneficios dos usuarios é inmediato, xa que están integrados nunha
intervención que mellora os aspectos que se traballan: caÃdas,
insomnio e incontinencia. Por outra banda, tamén se ven partÃcipes
do traballo e resultados, xa que poden consultar en todo momento os
datos dos que se fai seguimento.
Os familiares poden ver o traballo feito polas persoas maiores,
comprobar a súa
actividade fÃsica, a calidade e cantidade de sono de cada dÃa,
etc., a través da app ClepIO instalada nos seus teléfonos móbiles.
Todo
os detalles do proxecto estamos a publicalos en www.geriatic.udc.es.