O CITIC mostra proxectos ante empresas de Asia e Latinoamérica
xoves, 29 de novembro do 2018
O
Centro
de Investigación TIC da Universidade da Coruña luciu esta semana,
ante representantes de diversos países, innovación e capacidade de
resposta tecnolóxica ante retos diversos. Máis polo miúdo, os
achados e proxectos do CITIC presentáronse ante empresas de
Latinoamérica e Asia. Foi no transcurso dunha actividade (unha
misión comercial inversa) que
veu da man do Clúster TIC Galicia e na que participou o
responsábel de Transferencia Tecnolóxica e Innovación do CITIC,
Manuel Bustabad. Na cita coas empresas foráneas, Bustabad presentou
as capacidades do CITIC e as súas principais liñas de actividade en
I+D+i.
Nesta
ocasión participaron empresas procedentes de Cuba, México e Xapón
co obxectivo de coñecer de primeira man as posibilidades de negocio
no sector TIC galego. Desde Cuba acudiu Radiocuba, empresa
pertencente ao Ministerio de Comunicacións. De México acudiron as
empresas Under Armour, marca de retail deportiva con 22 anos
de traxectoria; Miniso, empresa de moda e téxtil que ofrece produtos
para o fogar, beleza, moda, tecnoloxía e deportes; e Viva Aerobus,
pertencente ao grupo de transporte terrestre IAMSA, o máis grande do
país. En representación de Xapón acudiu TV Setouchi, a única
estación da rede TX presente na rexión de Chugoku-Shokoku.
O
Cluster TIC Galicia organizou esta actividade, co-financiada polo
Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Xunta de Galicia
e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) co obxectivo de
fomentar a exportación do sector tecnolóxico galego
Segundo
contan os organizadores da misión comercial, nos vindeiros días a
actividade devandita completarase con reunións de negocio bilaterais
e visitas das organizacións estranxeiras ás sedes dalgunhas das
entidades e empresas galegas, para “coñecer o seu potencial
innovador e os seus procesos de produción e comercialización”.