O CITIC participará no Día da Ciencia na Rúa cun amplo programa de actividades divulgativas científicas
xoves, 7 de maio do 2026
Un ano máis o CITIC da UDC participará no Día da Ciencia na Rúa, un encontro anual que se celebra de xeito especial na cidade da Coruña onde escolares e científicos achegan a ciencia á cidadanía con experimentos e demostracións.
Nesta edición 2026 o Día da Ciencia na Rúa levarase a cabo o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez en A Coruña, con actividades de divulgación e innovación. Esta cita, posta en marcha en 1996 pola Asociación de Amigos de los Museos e organizada na actualidade polos Museos Científicos de A Coruña coa colaboración do Concello da Coruña, consolídase como un dos eixos máis salientables da divulgación científica en Galicia,
Indo ao espazo que ocupará o CITIC este día, dicir que contará coa súa propia xaima, na que desenvolverá ao longo da xornada un completo programa de actividades.
A partir das 11 horas realizaranse tres obradoiros. O primeiro será: Robótica intelixente e cognitiva, impartido por Martín Naya xunto con José Antonio Leis, Francisco Bellas e Jakub Müller. A continuación, David Otero presentará a actividade: IA contra o odio, coa participación de Paloma Piot, Eliseo Bao, Anxo Pérez e Javier Parapar. Por último, as investigadoras Laura Morán, María Merelas Ares e Xosé Manuel García García levarán a cabo o obradoiro: Algoritmos verdes.
Entre as 13 e as 15 horas desenvolveranse novas actividades. Ás 13 horas intervirán en CUAC FM Paloma Piot, Xabier Pérez e Irene Brage. De seguido presentarase a proposta: O meu mapa das cancións que lembro, de Hilda Romero. Despois terá lugar a presentación dos retos do proxecto Talentos Inclusivos, a cargo de Irene Brage xunto co alumnado do IES Ramón Menéndez Pidal de Zalaeta, un dos centros educativos que participan na actual edición do programa. A continuación, Xabier Pérez, xunto cos investigadores Clara Valle, Andrija Zupic, Ángel Regueiro e Mateo Fernández, dirixirá unha actividade centrada na observación solar e no recoñecemento de manchas solares mediante intelixencia artificial, así como na exploración da galaxia a través do telescopio espacial Gaia e da realidade virtual.
Xa pola tarde, entre as 15:30 e as 19 horas, Adriana Dapena desenvolverá a actividade Indución, circuítos e TIC para o desenvolvemento de proxectos, xunto con Óscar Fresnedo, Paula Castro e Liz Gámez. Ao mesmo tempo, entre as 16 e as 19 horas, terá lugar a proposta Intelixencia artificial para mellorar a saúde da muller: aplicación en incontinencia urinaria, a cargo de Javier Pereira xunto con Jorge Rivadulla, Freddy Pérez e Isabel Tuñas, na que se amosará como as tecnoloxías baseadas en intelixencia artificial poden aplicarse no eido sanitario para mellorar a calidade de vida.
O Día da Ciencia na Rúa ten como obxectivo achegar a ciencia á cidadanía, especialmente á xente máis nova, mediante propostas participativas nas que a aprendizaxe se transforma nunha experiencia lúdica e accesible que favorece o contacto directo co coñecemento científico nun espazo aberto.
