O CITIC participou na Maker Faire Galicia con diversas iniciativas e obtivo un premio na xornada de industria
xoves, 8 de xuño do 2023
Entre
os dÃas 1 e 4 de xuño celebrouse en Santiago de Compostela unha
nova edición da Maker
Faire Galicia, feira internacional de inventores de ámbitos tan
diversos como a arte, os videoxogos, a Intelixencia Artificial ou a
biotecnoloxÃa, e un dos grandes protagonista, amais da cada vez máis
creativa e participa comunicade maker galega, foi
o Centro de Investigación TIC da UDC (CITIC).
O
CITIC é unha das entidades que apoia esta iniciativa e contouse coa
presenza de persoal investigador do centro durante todas as xornadas
da feira. O xoves desenvolveuse a xornada da industria, cunha
presentación de Amparo Alonso sobre dilemas éticos da Intelixencia
Artificial. Ademais, o CITIC estivo presente nunha caseta expositora
co proxecto Emprego de contornas virtuais para o traballo de
habilidades fÃsicas e cognitivas en poboación maior e persoas con
diversidade funcional, desenvolvido polo investigador Manuel
Lagos. Este proxecto tamén foi presentado durante a xornada, obtendo
o terceiro premio dos proxectos presentados na categorÃa de
industria.
O
venres, dedicado á xornada educativa, o CITIC estivo presente co
proxecto Talentos inclusivos, mostrando algunhas das solucións
desenvolvidas polo estudantado dos centros de educación secundaria
aos retos tecnolóxicos expostos por ASPACE Coruña.
Ademais,
durante toda a Maker Faire celebrouse a segunda edición dun Hackaton
de TecnoloxÃas Inclusivas, que pretendÃa responder a necesidades
expostas por usuarios de COGAMI, a ONCE, e ASPACE Coruña. A fin de
semana varios grupos estiveron a traballar en solucións tecnolóxicas
e presentaron os seus proxectos o domingo pola tarde, baixo a
atención do xurado formado por representantes destas entidades e do
CITIC. A entrega do premio ao proxecto SENSUWalk, unha aplicación
móbil para mobilidade urbana de persoas con sordocegueira, foi
realizada por Thais Pousada, con varios agasallos promovidos polo
propio centro de investigación coruñés.