O CITIC pon o remate o ciclo de vistas aos centros de investigación da UDC

xoves, 18 de xullo do 2019 Redacción

Este 19 de xullo vai concluír o ciclo de visitas aos centros de investigación da Universidade da Coruña, nesta edición de verán de 2019 que organiza o Campus Innova. E remata cunha xornada divulgativa de portas abertas nun dos grandes referentes estatais en recursos dixitais avanzados: unha estadía no Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación, o CITIC.

JPEG - 119.2 KB
Un intre da visita ao CICA da Universidade da Coruña

A visita comezará ás 10:00 horas cunha presentación do subdirector do CITIC na que expoñerá as capacidades do centro en Intelixencia Artificial, computación de altas prestacións, enxeñaría e ciencia de datos e redes e servizos intelixentes.
A continuación, mostraranse os laboratorios de traballo dos investigadores e o edificio CITIC 2 no que están aloxadas as empresas coas que se colabora e coas que se desenvolven proxectos conxuntos. Por último, visitarase o Centro de Proceso de Datos, onde o responsábel de Sistemas do CITIC explicará o seu funcionamento.
Esta iniciativa, organizada para dar a coñecer os centros de investigación da UDC no Campus de Elviña, comezou o pasado 11 de xullo, coa visita ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC), e continuou o día 16 de xullo no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA).

PUBLICIDADE