O CITIC puxo A Coruña no epicentro do debate arredor do Big Data
venres, 5 de outubro do 2018- Gema Parreño impartindo unha conferencia no Big Data Coruña 2018
Esta
semana A Coruña foi unha palestra de reflexión arredor das novas
tendencias en analítica de datos. O motivo? A celebración, por
parte de investigadores do CITIC, do
evento Big Data Coruña, que chegou á súa cuarta edición (onte
e hoxe) xuntando científicos e tecnólogos de primeiro nivel para
abordar de múltiples maneiras un dos grandes desafíos do noso
tempo: que facer coa información inxente que atesouramos grazas ás
novas tecnoloxías da información? E o máis importante: que
ferramentas accesíbeis e universais empregar para xerar o máximo
proveito (na nosa calidade de vida, na defensa do medio ambiente, no
progreso da ciencia) deses datos a gran escala que non cesamos de
crear?
O
Big Data Coruña 2018 conta coa colaboración do CITIC, a Xunta de
Galicia, a Rede Galega de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC, e a
Rede Española de Big Data e Análise de datos escalable.
A
organización do evento foi liderada pola investigadora do CITIC,
presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial e
catedrática de Ciencias dá Computación e Intelixencia Artificial
da UDC, Amparo Alonso-Betanzos, e o tamén investigador do CITIC, da
área de Big Data da University College London e director da área de
investigación de Spartan Data, David Martínez. Ambos mostraron a
súa satisfacción por conseguir unha “moi boa acollida” nas dúas
xornadas do evento coruñés. Desta maneira, desde a organización
salientan que acontecementos tecnolóxicos de primeiro nivel coma
este son “espazos clave” para dar a coñecer as novas profesións
do futuro, profesións para as que existe unha importante demanda de
talento.
O
Big Data Coruña 2018 contou con científicos e investigadores de
referencia internacional, como un top 30 dos mellores científicos en
información a gran escala por Innovation Enteprise, Paco Nathan, e a
programadora e científica de datos do BBVA Innovation Lab, Gema
Parreño. O evento tamén serviu para a presentación das novas
firmas innovadoras Inversa, TestCloud e DataSpartan. Ademais, contou
coa participación de científicos de institucións de primeiro nivel
como Santander UK Technology, Apache Kylin, Recogn AI e Ávoris
Reinventing Travel.