O CITIC recibe unha visita escolar no marco da iniciativa Atrévete a pescudar con elas!

xoves, 15 de xuño do 2023 S. P.

Este martes 13 de xuño os centros de investigación do Campus de Elviña (CITIC, CICA e CITEEC) recibiron a visita dun grupo de 20 alumnos e alumnas do IES Camilo José Cela de Padrón. A estadía nos centros da UDC das e dos estudantes está enmarcada na iniciativa Atrévete a pescudar con elas!, organizada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña.
Na visita ao CITIC o alumnado puido coñecer o Demostrador Tecnolóxico onde se mostraron proxectos de robótica e localización en interiores. Logo coñeceron o laboratorio de impresión 3D onde se explicou o funcionamento das impresoras de extrusión de plástico, resina e fusión de po.
A visita rematou no Laboratorio de Realidade Virtual e Localización, no que se lles mostrou o funcionamento do OptiTrack, sistema de captura de movementos baseado en cámaras, e un guindastre de pórtico que calcula o posicionamento exacto de obxectos en interiores. Por último, realizouse una demostración de contornas de realidade virtual destinadas á rehabilitación de persoas co discapacidade.
Atrévete a pescudar con elas! é unha iniciativa na que investigadoras da UDC mostran aos escolares a súa traxectoria científica e vital, logros profesionais e anécdotas coa finalidade de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.

PUBLICIDADE