O CITMAga celebra este venres en Santiago o seu XV Industry Day
xoves, 21 de maio do 2026
O CITMAga (Centro de Investigación e TecnoloxÃa Matemática de Galicia impulsado polas tres universidades galegas e con sede no Campus Vida da Universidade de Santiago) vai reunir este venres 22 de maio a investigadores matemáticos e a representantes de empresas nacionais e internacionais, que explicarán como as matemáticas están a resolver problemas actuais que afectan á industria.
Farao no marco do XV Foro de Interacción Matemática Industria (Industry Day), que terá lugar na facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago. É unha iniciativa promovida en colaboración coa Red Española Matemática-Industria (math-in) e conta co apoio da Agencia Estatal de Investigación (Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades). Na inauguración contarase coa asistencia do decano da facultade de Matemáticas da USC, Alberto Cabada; o director cientÃfico do CITMAga, Javier Roca; o presidente da Red Española Matemática-Industria, Emilio Carrizosa; xunto ao promotor do foro, o profesor Alfredo Bermúdez de Castro.
No evento participarán empresas de sectores moi diversos, como é o caso das firmas tecnolóxicas e innovadoras Fujitsu, Plexus, Bosch, Ferroglobe, Instra, Kreios Space, Mestrelab, NTT Data, Vig-Sec Drone ou Possible Incorporated. Cada unha delas porá de relevo como as matemáticas e a supercomputación lles están a axudar a mellorar os seus procesos. No transcurso do encontro presentaranse ademais os mestrados de Matemática Industrial e Técnicas EstatÃsticas, ao tempo que se amosarán exemplos de doutoramentos industriais no campo das matemáticas.
