O CNTG acolle en abril un seminario sobre solucións Blackberry de mobilidade

martes, 29 de marzo do 2011 Fernando Sarasketa

Compostela ferve esta tempada de actividades formativas arredor da Sociedade da Información e, dentro dela, a parte que ten un paso no futuro. É dicir, falamos dunha serie longa de eventos sobre cousas, servizos e recursos que aínda están en boa medida por descubrir. Nesta liña de debate sobre vangarda TIC insírese o seminario técnico sobre solucións Blackberry de mobilidade que acolle e organiza o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) de Santiago o vindeiro 26 de abril. A actividade, desenvolvida en colaboración con Research in Motion (RIM), terá feitura de obradoiro formativo, incluíndo a presentación de carácter técnico sobre o potencial das solucións Blackberry na eliminación de ataduras físicas, particularmente interesante no eido laboral.
Segundo informa o CNTG, o seminario terá dúas sesións, unha pola mañá dirixida con vontade de avance básico de contidos e outra pola tarde máis dirixida a un coñecemento fondo. O obxectivo de ámbalas dúas sesións é o mesmo: achegarlle a calquera persoa con coñecementos sobre mensaxeiría ou mobilidade as posibilidades, funcionalidades e características da solución Blackberry. Tendo en conta isto, a actividade diríxese a un público profesional tanto do sector privado como do público, persoal técnico, autónomos , xerentes ou directivos das empresas ou das institucións públicas galegas. Tamén se busca dar acubillo a persoas desempregadas do nos país que teñan interese na temática e unha base de formación tecnolóxica axeitada pare este tipo de contidos.
O horario da sesión de mañá será de 10:00 a 14:00 horas e o da tarde de 16:00 a 19:00 horas.
Axenda da xornada e contidos a desenvolver:
a. Xornada de mañá (10:00 a 14:00 horas)
1.Presentación da solución Blackberry
2. Blackberry Enterprise Server
3. Blackberry Enterprise Server Express
4. Blackberry Internet Service
5. Smartphones Blackberry
5.a. Software de dispositivo 5.0 and 6.0
5.b. Blackberry Torch 9800, Curve 9300, Bold 9780 e Curve 8520.
6. Quenda de preguntas.
b. Xornada de tarde (16:00 a 19:00 horas)
1. Blackberry Enterprise Server 5.0.x
1.a Arquitectura
1.b Fluxo de datos
1.c Blackberry Administration Service (BAS)
1.d Alta dispoñibilidade
1.e Seguridade
1.f Compresión
1.g Blackberry Enterprise Server Express
2. Quenda de preguntas
O acceso, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local.

PUBLICIDADE