O COETG-AETEG celebrará a Noite Galega das Telecomunicacións o 20 de setembro na Toxa
xoves, 18 de xullo do 2024
A Noite Galega das Telecomunicacións, a gran cita anual do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) na que participan destacadas entidades, empresas e profesionais do sector TIC, celebrarase este ano ao remate do verán, concretamente o 20 de setembro no Gran Hotel da Toxa.
No transcurso da Noite entregaranse os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que recoñecen ás empresas, profesionais e entidades que traballan a favor do progreso tecnolóxico de Galicia e realizan boas prácticas no sector.
Baixo o paraugas dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información establécense, na actualidade, seis categorÃas de premios para distinguir diferentes aspectos ligados ao eido das telecomunicacións: o Premio Enxeñeiro do Ano, o Premio Socio de Honra, o Premio AMTEGA ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, o Premio Axians á Entidade Galega que aposta polo desenvolvemento de Infraestruturas Intelixentes de Telecomunicacións, o Premio Vantage Towers ao Mellor Proxecto TIC para a sostibilidade e o coidado da Terra, e o Premio Mellor Expediente académico do Mestrado en EnxeñarÃa de Telecomunicación da Universidade de Vigo curso 2022/2023.