O COETG-AETG celebra este xoves unha xornada sobre a ciberseguridade como estratexia
mércores, 5 de febreiro do 2025
O Colexio e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), xunto con Akuda Ciberseguridade, celebran o evento A Ciberseguridade como Estratexia este xoves 6 de febreiro de 2025 no Club Nordés, A Coruña.
Este evento está dirixido a colectivo de directivas/os, profesionais de TI (Tecnoloxías da Información) e especialistas en seguridade interesado en verificar como a protección tecnolóxica pode transformarse nunha vantaxe estratéxica para as súas organizacións. Os asistentes terán a oportunidade de explorar as tendencias actuais e futuras en ciberseguridade para o ano 2025, comprender as claves para adaptarse ao novo marco regulamentario en ciberseguridade, estudar análise de casos de estudo reais que servirán de inspiración para desenvolver estratexias efectivas e realizar networking con destacados especialistas no campo da ciberseguridade.
“Nun mundo onde as ameazas cibernéticas son cada vez máis sofisticadas, ofrecer este tipo de formación é fundamental para calquera profesional que desexe manterse á vangarda na protección de activos dixitais”, afirma Julio Sánchez Agrelo, decano/presidente do Colexio e a Asociación de Telecos en Galicia.