O COETG-AETG mostra as súas liñas de traballo ante o alumnado de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo

xoves, 13 de febreiro do 2025 S. P.

Na mañá deste mércores 12 de febreiro celebrouse na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, no marco das actividades do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo, unha xornada do COETG-AETG que contou coa presenza do secretario técnico do colexio, Javier Fernández Fraga, que puxo en valor todo o que o colexio e a asociación pode facer polos estudantes acabados de titularse ou que se atopan no último treito da súa titulación.
Lembrou a importancia das e dos futuros integrantes do colectivo galego, sinalando que a figura das precolexiadas e precolexiados é esencial para “entrar a formar parte do colectivo, gozando das vantaxes de pertencer a ámbalas dúas entidades, o colexio e máis a asociación”.
Javier, profesional con ampla experiencia no exercicio libre da profesión, achegou ao alumnado a súa visión sobre a Enxeñería de Telecomunicación como profesión, nas múltiples áreas nas que se pode exercer coa titulación e resaltou a importancia de “pertencer a un colectivo coma o noso, que actúa en defensa dos colexiados e da profesión, ao tempo que promociona e dá a coñecer a importancia da figura dos profesionais das TIC na sociedade”, sinalou.