O COETG-AETG mostrou a súa andaina perante o alumnado de Enxeñaría de Telecomunicación

luns, 27 de novembro do 2017 Redacción

O venres día 24 de novembro celebrouse na Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo unha conferencia impartida polo secretario do COETG e da AETG (Colexio e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia), Ricardo Fernández, dirixida aos alumnos do Máster en Enxeñería de Telecomunicación da EET da Universidade de Vigo. Fernández, na súa intervención, fixo un percorrido pola historia das telecomunicacións e a profesión do enxeñeiro de telecomunicación. Ademais, achegou unha charla expositiva sobre o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación e da Asociación, explicando as función de ambas entidades e os servizos que ofrecen tanto aos profesionais como aos estudantes, incidindo especialmente na traxectoria de ambas entidades das que este ano se conmemora o 50 e 25 aniversario respectivamente.
Ademais, o representante do COETG/AETG explicou aos alumnos as diferentes vertentes da profesión da enxeñería de telecomunicación e a súa transversalidade. Esta actuación enmarcase na liña de colaboración que o COETG/AETG mantén coa propia Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, facendo un achegamento os estudantes para darlles a coñecer tamén a existencia tanto da asociación como do colexio oficial e a importancia e vantaxes de formar parte deles.

PUBLICIDADE