O COETG-AETG organiza unha xornada sobre boas prácticas na despregadura de fibra óptica no alumeado

martes, 11 de xullo do 2023 S. P.

No marco do convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) organiza unha nova sesión en liña dirixida aos concellos galegos para dar a coñecer as boas prácticas na compartición de tendidos de alumeado no despregue de fibra óptica.
Segundo informa a entidade profesional galegao, a xornada terá formato de “presentación áxil e resolutiva” e botará luz sobre aspectos relativos á viabilidade do despregue de infraestruturas de fibra óptica polos tendidos de alumeado público municipais en zonas que non dispoñen doutra infraestrutura.
A xornada está dirixida principalmente a responsábeis de urbanismo, telecomunicacións e infraestruturas dos concellos e será impartida por Javier Fernández Fraga, enxeñeiro de Telecomunicación e experto na materia. Será o vindeiro xoves 20 de xullo de 2023 ás 12:00 horas.
A inscrición da xornada Boas prácticas no despregue de fibra óptica está aberta a tódolos públicos.

PUBLICIDADE