O COETG co-organiza en Compostela unha xornada sobre as tecnoloxías do día de mañá

venres, 7 de outubro do 2016 Redacción

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD), en colaboración co Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), organizan o martes 11 de outubro no compostelán Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia a III edición da xornada O mundo que vén. O encontro, que será de balde até completar o aforo, dará comezo ás 9 horas coa recepción de asistentes e ás 9.20h encargaranse da apertura do acto José Mª Arias (Presidente Zona Noroeste APD) e Javier Aguilera (Director Xral. IGAPE). Tocaranse (entre outros moitos temas) cuestións como os mercados do futuro, a tecnoloxía que revoluciona o xeito de producir e comunicarnos, o diñeiro dixital ou as posibilidades produtivas e industriais do deseño en 3D.
Abrirase a xornada co bloque Realidades Globais: Que está a acontecer no mundo? Moderado por Santiago Sesto (Director Zona Noroeste APD).
· 9.35h. A rebelión contra a globalización; a cargo de Miguel Otero Iglesias (Real Instituto Elcano).
· 10h. Demografía e economía; por Alfonso Jiménez (Peoplematters).
· 10.25h. Os mercados do futuro; por Daniel Lacalle (Economista).
De seguida dará comezo outro bloque da xornada: Por que a tecnoloxía está a mudar o mundo? Modera: Santiago Sesto (director zona Noroeste. APD).
· 10.50h. Tecnoloxía, negocio e produtividade; por Clemente González Soler (presidente Grupo Alibérico).
· 11.15h. A fin do diñeiro. Que é iso do blockchain?; por Alberto Gómez (Grupo Barrabés).
· 11.40h. Pausa-Café.
A continuación seguirá o bloque Cartografía do mundo que vén: Outro xeito de facer as cousas. Modera: Javier Aguilera (director do IGAPE).
· 12.15h. A economía e o consumidor colaborativo. A reinvención do privado; por Adeyemi Ajao (fundador Tuenti, Cabify).
· 12.40h. Por que a impresión 3D vai mudar o mundo?; por Jaume Homs (HP INC).
· 13.05h. Internet das cousas e robots: xa estás rodeado, aínda que non o saibas... Ameaza ou oportunidade?; por Paloma Llaneza (membro do comité operativo do Centro de Estudos en Mobilidade e Internet das Cousas ISMS FORUM).
E o último bloque da xornada será A educación e o noso futuro.
Conversa ás 13.30h con José Manuel Velasco (consultor de comunicación e adestrador) e Eduardo Serra (presidente Fundación Transforma España).
14h- Fin do encontro.
Os interesados en asistir a esta xornada deberán facer a súa inscrición seguindo as indicacións que aparecen no programa da web de APD e introducindo o correspondente código de convite.

PUBLICIDADE