O COETG inicia mañá os actos de celebración do DÃa Mundial das Telecomunicacións
luns, 12 de maio do 2008
Mañá martes, dÃa 13 de maio, terá lugar no hotel Porta do Camiño en Santiago de Compostela a presentación do Dicionario Enciclopédico Galego das TIC, que dirixe o escritor e enxeñeiro Xavier Alcalá.
Asemade, no mesmo acto, que promove o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial da ConsellarÃa de Innovación e Industria para conmemorar o DÃa Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2008, terá lugar unha reflexión sobre o futuro da lingua galega na era dixital, da man do secretario xeral do COETG, Ramón MarÃa Lois Santos e a profesora de filoloxÃa galego-portuguesa da UDC, Pilar GarcÃa Negro.