O CPEIG achéganos recursos formativos para especializarnos en protección de datos

luns, 3 de maio do 2021 S. P.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración con Data Privacy Institute (DPI), vai organizar o vindeiro mes de xuño unha actividade formativa directamente relacionada coas crecentes demanda de ciberseguridade que achegan empresas, entidades de toda índole e administracións. Trátase do Curso de Especialización en Protección de Datos – CEPD, que se desenvolve en modalidade online do 1 ao 24 de xuño, de luns a xoves de e 16.00 h a 21.00 h.
O curso conta con 60 horas de duración e está orientado a outorgar “unha especialización profesional en materia de privacidade desde unha perspectiva xurídica, técnica e organizativa”, explica co colexio, engadindo algunhas das cuestións específicas que se abordarán: a normativa vixente no contexto nacional, o novo marco europeo e internacional, e os fundamentos que rexen a seguridade da información.
O alumnado terá opción de realizar un exame de certificación posteriormente en Galicia.
Durante o curso, o alumnado terá acceso ao aula virtual, onde se publicarán os documentos traballados con cada docente, o material audiovisual das sesións, os casos prácticos para traballar en grupo e poñer en práctica os coñecementos adquiridos, e os foros de resolución de dúbidas e intercambio de experiencias con titores e alumnos.
Trátase dunha formación recoñecida pola entidade de certificación International Information Security Community, ISMS Forum designada pola Axencia Española de Protección de Datos (AEPD). Así mesmo, o contido impartido facilita a preparación dos coñecementos para abordar tanto a certificación Certified Data Privacy Professional (CDPP), como a Certificación de Delegado de Protección de Datos (CDPD).

PUBLICIDADE