O CPEIG anuncia a data de celebración da Noite da EnxeñarÃa en Informática de Galicia: o 27 de xuño
martes, 18 de marzo do 2025
Dende o Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG) anuncian data para a celebración da súa Noite da EnxeñarÃa en Informática de Galicia, será o 27 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago de Compostela. Esta xuntanza anual serve como punto de encontro entre as colexiadas/os do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, cargos empresariais, institucionais e polÃticos.
Segundo o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, a Noite é unha gala consolidada onde o Colexio profesional amosa á sociedade o traballo desenvolto por enxeñeiras/os en Informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co eido das TIC. No marco desta gala entregaranse os Premios da Noite, con máis de media ducia de categorÃas nas que as colexiadas/os recoñecen iniciativas ou persoas salientábeis no eido da EnxeñarÃa en Informática.
As persoas, organismos e entidades distinguidas en 2024 foron: o ecosistema empresarial Ipglobal Tech Hub; a app Cluber, de dixitalización de clubs deportivos; a enxeñeira informática Cristina Vázquez (CEO de Teimas); a responsábel da área de Datos Global en Inditex, Olaia Vázquez; o Centro Singular de Investigación en TecnoloxÃas Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), pola organización da ECAI 2024 (European Conference on Artificial Intelligence); a empresa Tarlogic; a compañÃa Denodo; o programa educativo First Lego League España; o Grupo Nueva Pescanova, pola integración da plataforma IBM Food Trust que garante a trazabilidade dos produtos do mar; o Centro de Estudos de Seguridade (CESEG), polo seu traballo investigador sobre a manipulación informativa; Cruz Roja, Alexa e Amazon Web Services, pola súa colaboración en diversos proxectos que contribúen a reducir o illamento e a soidade non desexada das persoas; a Asociación Europea para a Transición Digital, pola súa proposta do Pacto de Estado para protexer aos menores de idade en internet e redes sociais; o enxeñeiro informático Manuel Framil; as empresas Ednon e Fortinet; a Xunta de Galicia, pola integración da Intelixencia Artificial (IA) na Administración Autonómica galega; e a matemática e directora do Observatorio Nacional de TecnologÃa y Sociedad (ONTSI), Rosa DÃaz Moles.