O CPEIG anuncia as actividades que emprenderá en colaboración con Modernización
luns, 21 de marzo do 2011
- Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización, xunto a Fernando Suárez, presidente do CPEIG
O Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG) e a
SecretarÃa Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia asinaron
un convenio de colaboración para a posta en marcha dunha serie actividades para
o fomento da sociedade da información que agora detallan dende o CPEIG e que
supón unha achega económica do Goberno galego de 106.000 euros.
Entre outras actividades de formación, capacitación e promoción no ámbito das
tecnoloxÃas da información previstas no acordo, destacan:
Xornadas As relacións da Empresa
coa Administración electrónica
Publicación con comentarios técnico-xurÃdicos ao Decreto de Administración Electrónica, glosario e terminoloxÃa.
Realización dun estudo a determinar entre interoperabilidade de sistemas
na Administración Pública (posibilidades e realidade) e open data ou
reutilización de información do sector público (risp).
Formación a outros colexios e/ou colectivos na difusión dos fundamentos
da administración electrónica.
III Noite da EnxeñarÃa en Informática de Galicia.
Xornadas formativas sobre calidade no software (CMMI, ISO20000,...).
Xornadas formativas sobre tecnoloxÃa, liderado e intelixencia emocional.
Xornadas formativas en dirección e xestión de proxectos informáticos.
As accións anteriores contribuirán a desenvolver plans de formación para o
crecemento da Sociedade da Información e a capacitación profesional nas
tecnoloxÃas da información entre os profesionais e a sociedade en xeral, de aÃ
que o acordo estea enmarcado nas accións definidas na Axenda Dixital de Galicia
2014.gal. Ademais, incorporan a accesibilidade como condición indispensable das
actuacións; repercutirán no incremento dos contidos divulgativos en galego en
Internet; difundirán e divulgarán as vantaxes da incorporación das TIC en todos
os sectores, asà como do sector profesional das TIC, e contribuirán á igualdade
de xénero no sector das TIC.
Ademais deste convenio, o CPEIG asinará en vindeiras datas un acordo para a
segunda edición do programa Navega con
Rumbo polo Ciberespazo, dentro da Escola Abalar.