O CPEIG comparte o palmarés do seu 13º Concurso de Postais de Nadal 2024
mércores, 18 de decembro do 2024
- A creatividade de Claudia Mosquera, gañadora do certame na súa categorÃa
Dende o Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG) veñen de dar a coñecer o resultado do décimo terceiro Concurso de Postais de Nadal 2024. O xurado do certame acordou escolleu como postal oficial do CPEIG o debuxo de Claudia Mosquera GulÃn, que participou na categorÃa A dirixida a nenos en nenas de entre 3 e 12 anos.
A postal de Claudia, unha nena de 11 anos de Celanova (Ourense) que cursa 6º de Primaria no CEIP Curros EnrÃquez da vila, foi presentada polo seu pai, o colexiado Julio Mosquera. O debuxo é unha auténtica estampa do Nadal: unha árbore engalanada e custodiada por un boneco de neve, todo acompañado con adobÃos e luces cheas dos emblemáticos 0 e 1 da enxeñarÃa informática. De agasallo a rapaza recibirá unha tableta.
O traballo de Claudia será a postal oficial coa que o CPEIG felicitará as festas do Nadal este ano, acompañada da lenda: Cos nosos desexos de paz e prosperidade, a Xunta de Goberno do CPEIG deséxalle Bo Nadal e Feliz Ano 2025.
- O debuxo de Ariane Luis na categorÃa de 13 anos
Na categorÃa B, para rapaces de entre 13 e 18 anos, resultou gañadora Ariane Luis Nogueira, unha rapaza de 13 anos de O Irixo (Ourense) que cursa 2º da ESO no IES Chamoso Lamas do Carballiño. O debuxo foi presentado polo seu pai, o colexiado Iván Luis Vázquez. A creatividade representa o espÃrito do Nadal, pero con toques tecnolóxicos, evocado pola lenda Bo Nadal e unhas campás acompañadas dun brazo robótico e un dron. De agasallo a rapaza recibirá uns auriculares sen fÃos.