O CPEIG e AGEINCO colaborarán na promoción da enxeñaría informática en Galicia

luns, 27 de xullo do 2020 Marcus Fernández

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Asociación Galega de Empresas de Enxeñaría, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO) veñen de asinar un convenio de colaboración cuxa finalidade é a cooperación entre as dúas institucións e entre os seus membros, en todas aquelas actuacións que poidan resultar de interese mutuo.
Entre as actuacións nas que van colaborar as dúas entidades destaca o desenvolvemento e promoción da enxeñaría informática en Galicia, así como a posta en valor da enxeñaría informática en todo o territorio galego.
Por outro lado, búscase exercer a representación da profesión de maneira conxunta fronte a todo tipo de organismos públicos, en particular no relativo á defensa da mesma. As dúas institucións pretenden ademais contribuír ao perfeccionamento das ensinanzas da enxeñaría informática e a formación no ámbito galego.

PUBLICIDADE