O CPEIG e AMTEGA premian á rapazada de nove concellos a través de Argallando.gal
venres, 25 de outubro do 2024
O Colexio de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), entregaron no serán deste venres 25 de outubro os premios Argallando.gal, iniciativa desenvolvida este ano dentro do programa de fomento de vocacións tecnolóxicas entre a rapazada Techkids, baixo o lema deste ano Argallando entre xeracións.
O acto celebrouse no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura en Santiago e contou coa asistencia dos premiados e representantes do CPEIG (o vicesecretario Roberto Vieito, o secretario Juan José González, e o vogal Iván Luis Vázquez) e da axencia autonómica AMTEGA.
28 sesións
Na procura da colaboración interxeracional para a resolución de diferentes retos tecnolóxicos, desenvolvéronse 28 sesións de ensinanza tecnolóxica (de deseño e impresión 3D, programación, robótica, drons e Realidade Virtual), dirixida a rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos, entre os meses de setembro e outubro polas diferentes aulas CeMIT de Galicia que voluntariamente solicitaron participar e no GaiásTech, asà como a organización do concurso de proxectos.
Os equipos participantes no certame desenvolveron proxectos creativos nos que se fusiona a cultura máis ancestral coa tecnoloxÃa máis vangardista, aportando diferentes puntos de vista e coñecementos segundo as súas idades. Outorgáronse premios nas seguintes categorÃas:
-Xigante Argalleiro: aquel proxecto que, con carácter global, destaque sobre os demais polo seu enfoque, nivel de execución e creatividade. Foi dar a Maximiño (Miño en Xogo) da Aula CeMIT de Fisterra, equipo formado por Carla MartÃnez Suárez, Carla Miñones Santos, Constanza MuÃño Fuentes, Enmanuel Villar Deus e Leticia Vázquez Castiñeira).
-Nubeiro Tech: aquel proxecto que empregue a tecnoloxÃa como eixo principal dunha forma especialmente interesante ou que sobresaia pola súa complexidade técnica. Este premio foi compartido por dous equipos: Os Medulianos (por O Vencedor Breogán), de Castrelo de Miño (formado por Marcos Suárez Gil, Gabriel González Pinal e Oliver GarcÃa Méndez); e UxÃa MartÃnez Campaña (por Admiración pola nosa cultura) de Catoira.
-Arbore Senlleira: aquel proxecto que resulte da colaboración interxeracional entre participantes de idades moi diferentes e que pertenzan a diferentes xeracións (por exemplo pais e fillos, avós e netos, irmáns, familiares, profesores e discentes, etc.). Este galardón recoñeceu a Fabián González, de Cuntis, por Meiga Gañadora. Tamén distinguiu ao Equipo ALA de Guitiriz por A lenda da torta de millo (formado por Adriana GarcÃa Losada, Aitor GarcÃa Losada, LucÃa Santos Abad e Isabel Pérez Castedo); a Adrián Montero de Ribeira por Trinidad; e a SofÃa Vidal e Loaira Tejero de Catoira por Mapa interactivo de Catoira.
-Proxecto Serea: aquel proxecto que, ben polos seus contidos, ben pola súa presentación, logre transmitir dun xeito máis didáctico e atractivo algún elemento da cultura galega. Distinguise nesta categorÃa ao equipo Estrela MichelÃn por As estrelas da cociña galega, de Sigüeiro, formado por Antonio Figueira Portela, Noé Giadás e Adriana Couselo BenÃtez; e tamén a Sabela González, por Bolboreta, de Barreiros.
-E-Trasnada: aquel proxecto que consiga sorprender por exceder o inimaxinábel. Recoñeceuse a Vexeta nutricionista, por Meiga contra personaxe fantástico, da Cañiza, formado por Óscar Tenreiro, Ismael SendÃn, Xoel SendÃn e Stefan Markus Prenger.
Un xogo para coñecer a historia e a diversidade de Galicia
O equipo gañador do premio principal Xigante Argalleiro, Maximiño da Coruña, adscrito á Aula CeMIT de Fisterra, presentou un xogo para coñecer a historia, patrimonio, xeografÃa, igualdade e diversidade de Galicia. Para a súa construción, empregaron varias tecnoloxÃas e técnicas: madeira, NFC, cortadora láser, a radio, internet e reciclaxe. Todos os equipos gañadores recibiron un diploma acreditativo e un agasallo.