O CPEIG e ITS España impulsarán actividades de formación e investigación
venres, 31 de decembro do 2021
O
Colexio Profesional de
Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) asinou un convenio de
colaboración coa Asociación Foro de Nuevas Tecnologías en el
Transporte (ITS España). O acordo diríxese a impulsar “un
ambicioso plan de formación e bolsas” para atraer talento á
mobilidade e especialmente ao sector ITS, que inclúe servizos como a
xeración e intercambio de información, a tecnoloxía, a consultoría
e a investigación e desenvolvemento.
Foi
asinado o pasado mes de novembro entre o presidente do CPEIG,
Fernando Suárez, e o secretario xeral de ITS España, Jaime Huerta.
No
marco deste acordo, ambas entidades poderán realizar conxuntamente
cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación,
editar en conxunto libros, outras publicacións e documentos de
traballo, e promover a actividade investigadora mediante proxectos de
investigación en común.