O CPEIG e a AMTEGA organizan 18 obradoiros para aprendernos a manexar o novo equipamento diruptivo das aulas CeMIT
luns, 10 de xullo do 2023
O
Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG)
e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de
Galicia (AMTEGA) organizan nos meses de xullo, agosto, setembro e
outubro unha formación arredor do equipamento disruptivo na Rede
CeMIT. O obxectivo destes obradoiros é formar á cidadanÃa no
uso de equipamento innovador co que se ten dotado ao tecido
autonómico de aulas de alfabetización tecnolóxica.
Esta
actuación enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre o
CPEIG e a Axencia autonómica este ano no marco do Plan de Reforma e
Ampliación da Rede de aulas CeMIT (2022-2025) para mellorar os
servizos de capacitación e formación dixital dos centros CeMIT e
adaptarse ás novas demandas da cidadanÃa.
Organizaranse
18 obradoiros presenciais, de catro horas cada un, nas aulas CeMIT de
diversos concellos das catro provincias galegas (en Pontevedra o
mércores-12 de 10 a 14 horas), ademais de en Valga, Oroso, O Barco
de Valdeorras, Vigo, Ponteareas, A Estrada, Betanzos, Guitiriz,
Cuntis, Quiroga, Castrelo de Miño, Moaña, Vimianzo, Boiro, Ribeira,
Celanova e San Sadurniño. A inscrición pode realizarse a través da
web da Rede CeMIT ou poñéndose en contacto directamente con
cada aula.
- Recepción do novo material disruptivo da Aula CeMIT de Boiro, o pasado mes de marzo
Como
dixemos, a iniciativa ten como finalidade impartir cursos formativos
para un uso práctico do novo equipamento disruptivo dispoñÃbel na
Rede de aulas CeMIT. Explicarase o funcionamento e usos das
impresoras 3D, drons, lentes de realidade virtual, e kits de
programación e comunicación como Arduino e Raspberry Pi.
Cada
sesión irá acompañada de pÃlulas informativas de cada elemento,
sintetizando os seus aspectos técnicos e principais posibilidades,
asà como diversos recursos para a súa aprendizaxe de xeito que os
usuarios e usuarias poidan inspirarse e interactuar cos diversos
sistemas cunha finalidade ocio-educativa.
A
actividade está dirixida á cidadanÃa en xeral que non precisará
contar con coñecemento previo, aÃnda que si con competencias
básicas no uso da TIC.
Cursos
e inscricións
12
de xullo Pontevedra.
Aula CeMIT (Edificio Administrativo da Deputación. Gran VÃa de
Montero RÃos s/n). 10 a 14 horas;
13
de xullo Valga.
Aula CeMIT (Ferreirós, 1 Cordeiro). 10 a 14 horas;
19
de xullo Oroso.
Aula CeMIT (rúa do Deporte 9). 10 a 14 horas;
27
de xullo A
Estrada. Aula CeMIT (Avenida Benito Vigo, 94, 1º). 10 a 14
horas;
31
de xullo O
Barco de Valdeorras. Aula CeMIT (Casa do Concello. Praza do
Concello 2, 2º andar). 10 a 14 horas;
31
de xullo Vigo.
Aula CeMIT (Auditorio Pazo Congresos Mar de Vigo (Entrada UNED) -
5ª planta. Avda. Beiramar, 59) 9:30 a 13:30 horas;
8 de
agosto Ponteareas.
Aula CeMIT (Centro de Servizos Sociais, rúa Oriente, 8). 17 a 21
horas;
9 de
agosto Betanzos.
Aula CeMIT. Oficina municipal de información xuvenil (rúa
Emilio Romay, 1). 9:30 a 13:30 horas;
2 de
setembro Guitiriz.
Aula CeMIT (rúa do Concello, s/n. Casco Urbano). 10 a 14 horas;
4 de
setembro Cuntis.
Aula CeMIT (Casa do Médico. Circunvalación Don Aurelio, 65). 16
a 20 horas;
7 de
setembro Quiroga.
Aula CeMIT (Casa da Cultura. Rúa Real, s/n). 16 a 20 horas;
12
de setembro Castrelo
de Miño. Aula CeMIT (Avda do Concello nº7 A, Paradela, Barral).
10 a 14 horas;
13
de setembro Moaña.
Aula CeMIT (rúa MarÃa Martin, 4. Casa da Mocidade. Casco
Urbano). 16 a 20 horas;
18
de setembro Vimianzo.
Aula CeMIT (rúa A Braña, s/n. Casa da Cultura de Vimianzo). 16
a 20 horas;
19
de setembro Boiro.
Aula CeMIT (Centro Social, 1º andar. Rúa Principal s/n). 16 a
20 horas;
2 de
outubro Ribeira.
Aula CeMIT (rúa 1 Cubeliño, Nº 20). 10 a 14 horas;
3 de
outubro Celanova.
Aula CeMIT (Parque das Triguerizas s/n). 10 a 14 horas;
4 de
outubro San
Sadurniño. Aula CeMIT (Avda Marques de Figueroa, 11). 10 a 14
horas;