O CPEIG e a Consellería de Educación premian a paixón pola informática do alumnado galego

luns, 17 de marzo do 2025 S. P.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia celebraron este sábado 15 de marzo a entrega de premios da Olimpíada Informática Galega (OIG) das edicións de 2023, 2024 e 2025; o Concurso de programación universitaria Ada Byron de 2022, 2023 e 2024; e o Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos de 2023, 2024 e 2025.
O evento, que se celebrou no Centro de Innovación Cultural (Edificio CINC) da Cidade da Cultura, contou coa asistencia do conselleiro de Educación, Román Rodríguez; o presidente do CPEIG, Fernando Suárez; a vicepresidenta do Colexio, Susana Ladra; ademais do secretario da entidade colexial, Juan José González, varios patrocinadores e os estudantes gañadores dos diferentes certames informáticos que recolleron os seus diplomas, sumando aproximadamente un centenar de asistentes.
Fernando Suárez destacou a importancia de espertar vocacións tecnolóxicas desde idades temperás e de proporcionar oportunidades para que os mozos e mozas desenvolvan as súa habilidades en enxeñaría informática. “A tecnoloxía é clave para o noso presente e futuro, e Galicia necesita profesionais ben preparados para afrontar os retos dixitais. Con iniciativas como estas, queremos incentivar a paixón pola informática e visibilizar o gran talento que temos na nosa comunidade”, dixo, ao tempo que agradeceu a implicación de todas as persoas e entidades que fan posíbel a organización destes certames: “Os mozos e mozas que hoxe premiamos serán os profesionais que mañá liderarán a transformación dixital de Galicia e do mundo, e apostar polo seu talento é apostar polo futuro”.

Novos campamentos dixitais de verán

Durante a súa participación no acto de entrega de premios, o concelleiro Román Rodríguez anunciou que a Xunta vén de abrir o prazo para que os centros educativos soliciten participar nos campamentos dixitais de verán, un novo programa impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, a través do cal se ofertan unhas 9.300 prazas gratuítas para as familias, 7.000 delas nesta primeira convocatoria para centros públicos, que se completarán con outras 2.300 máis para centros concertados.
O titular de Educación do Goberno galego puxo en valor a oportunidade desta iniciativa na medida en que os rapaces van poder “perfeccionar as súas destrezas e competencias dixitais ao tempo que se facilita a conciliación das familias durante a época estival”. Os campamentos contarán, ademais, cun amplo abano de actividades complementarias enfocadadas á convivencia e a fomentar as relacións sociais e a cohesión dos grupos.
Os campamentos, aos que se destina máis de 2 millóns de euros, van dirixidos ao alumnado de entre 9 e 17 anos, para estadías en quendas dunha semana que se celebrarán desde o 23 de xuño até o 5 de setembro, é dicir, coincidindo co período de vacacións escolares, cando os centros abrirán para acoller esta iniciativa. En canto á asignación das prazas, terase especial atención ao alumnado de contornas vulnerables por cuestións de índole socioeconómica, por ter unha discapacidade ou por residir en zonas con baixa conexión, entre outras. Os centros dispoñen ata o día 15 de abril para tramitar as solicitudes.

Gañadores dos certames informáticos

Foto de familia das premiadas e dos premiados

OIG 2023
1º clasificado: Óscar Carballo Puebla – Colexio Liceo La Paz da Coruña
2º clasificado: Pedro Rey Anca – IES Saturnino Montojo de Ferrol
3ª clasificada: Isabel Villar García – CPR Colexio Manuel Peleteiro de Santiago
4º clasificado: Juan Pablo Pardo Pérez – CPR Colexio Manuel Peleteiro
Santiago
5º clasificado: Mario Prada Rodríguez – IES Martagisela – O Barco de Valdeorras
6º clasificado: Hugo Domínguez Conde – CPR Colexio Manuel Peleteiro – Santiago
OIG 2024
1º clasificado: Pedro Rey Anca – IES Saturnino Montojo de Ferrol
2º clasificado: Hugo Domínguez Conde – CPR Manuel Peleteiro de Santiago
3º clasificado: Juan Pablo Pardo Pérez – CPR Manuel Peleteiro de Santiago
4º clasificado: Hugo Gorgojo Basanta – IES Perdouro de Burela
5º clasificado e Mellor estudante da ESO: Miguel Pérez Barreiro – IES Politécnico de Vigo
5º clasificada e Mellor rapaza clasificada: Isabel Villar García – CPR Manuel Peleteiro de Santiago
OIG 2025
1º clasificado: David Lago Alonso – IES Pedro Floriani de Redondela
2º clasificado: Artai Asasi Vázquez – IES de Sar de Santiago
David e Artai representarán a Galicia na Olimpíada Nacional que se celebrará na Facultade de
Informática da Coruña do 4 ao 6 de abril.
3º clasificado: Hugo Domínguez Conde – CPR Manuel Peleteiro de Santiago
4º clasificado: Hugo Gorgojo Basanta – IES Perdouro de Burela
5º clasificado: Nicolás Freiría Casal – IES Ribeira do Louro do Porriño
Mellor rapaza clasificada: Rocío Pérez-Muñuzuri Fernández – CPR Manuel Peleteiro de Santiago
Mellor estudante da ESO: Laura Souto Bravos – CPR Manuel Peleteiro de Santiago
Concurso de programación universitaria Ada Byron 2022
Este concurso celebrouse en 2022 nas sedes universitarias da Coruña e Santiago. Os equipos gañadores foron:
Na categoría B: Rust Evangelists
Na categoría C e global: MeuGang
E os equipos representantes de Galicia no concurso nacional foron MeuGang (gañador da sede da USC), The High Elders (gañador da sede da UDC), Base(d)Code, we use arch btw e Rust Evangelists.
Concurso de programación universitaria Ada Byron 2023
Este concurso celebrouse en 2023 nas sedes universitarias da Coruña, Santiago e Vigo. Os equipos gañadores foron:
Na categoría A: Binary Bandits
Na categoría B: SegvFault
Na categoría C e global: The High Elders
E os equipos representantes de Galicia no concurso nacional foron The High Elders (gañador da sede da UDC), Costa Compás (gañador da sede da USC), we use arch btw, Binary Bandits, SegvFault.
Concurso de programación universitario Ada Byron 2024
Gañador Categoría A: Ácido clorhídrico.
Gañador Categoría B: Los Bandidos Binarios.
Gañador Categoría C e global: nome do equipo
Gañador UDC: Los Bandidos Binarios.
Gañador USC: nome do equipo.
Gañador UVigo: ); CREATE TABLE Joke(ID INT); —.
Equipos representantes de Galicia na fase nacional: nome do equipo (gañador na sede da USC), AbuelosDG, Los Bandidos Binarios (gañador da sede da UDC), Ben sabe Dios que o intentamos, Ácido clorhídrico e ); CREATE TABLE Joke(ID INT); — (gañador da sede da UVigo).
Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos 2023
A gañadora na categoría de Primaria foi Lucía Rodríguez Pérez do CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
O gañador na categoría da ESO foi Álvaro López Mosquera do Colegio de Fomento Peñarredonda da Coruña.
O recoñecemento especial do certame ao centro que máis traballos presentou foi para o CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos 2024
O gañador na categoría da ESO foi Antón Álvarez Rodríguez do IES República Oriental do Uruguai en Vigo.
A gañadora na categoría de Primaria foi Lara Da Pena Fidalgo do CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
O recoñecemento especial do certame ao centro que máis traballos presentou foi para o CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos 2025
O gañador na categoría da ESO foi Adrián Fernández Pan do Colexio Internacional Eirís da Coruña.
A gañadora na categoría de Primaria foi Violeta Baranda Pardo do CEIP Virxe da Pena da Sela de O Irixo.
O recoñecemento especial do certame ao centro que máis traballos presentou foi para o Colexio Internacional Eirís da Coruña.