O CPEIG e as tres universidades galegas organizan este venres outra edición da OlimpÃada Informática Galega
xoves, 5 de febreiro do 2026
Dende o Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG), co apoio das tres universidades galegas -Universidade da Coruña (UDC), Universidade de Santiago (USC) e Universidade de Vigo (UVigo), co patrocinio de diferentes empresas do sector TIC- volven anunciar a celebración da OlimpÃada Informática Galega 2026 (OIG 2026) mañá venres, 6 de febreiro.
A olimpÃada celebrarase de xeito presencial na Facultade de Informática da Coruña da UDC, en horario de 15:30 a 20:30 horas, coa colaboración da Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa da USC e da Escola Superior de EnxeñarÃa Informática da UVigo. Subliñar que a organización da OIG pechou a inscrición do certame cunha trintena de participantes de nove centros escolares diferentes de Galicia. InscribÃronse estudantes de entre 13 e 18 anos, naturais da Coruña (1 participante), Sada (1), Oleiros (2), Ferrol (1), Santiago de Compostela (15), Ames (4), Teo (2), Rianxo (1), VilagarcÃa de Arousa (1), MarÃn (1), O Porriño (1), Redondela (1) e O Barco de Valdeorras (1).
Indo á axenda da xornada será a seguinte:
· 15:30 horas- Recepción dos estudantes e acceso ás aulas.
· 16:00 horas- Benvida por parte do comité organizador e presentación da OlimpÃada. Intervirán: Susana Ladra (vicepresidenta do CPEIG), José Luis Añón (adxunto de Estudantes do Vicerreitorado de Estudantes e Empregabilidade), Tirso Varela (vicedecano da Facultade de Informática da UDC) e Diego Seco (director do certame OIG 2026).
· 16:45 horas- Entrega de credenciais de usuario e conexión á contorna de desenvolvemento da proba.
· 17:00 horas- Comezo da proba.
· 20:00 horas- Fin da proba.
· 20:15 horas- Acto de clausura, incluÃndo a resolución do xurado. Intervirán: Fernando Suárez (presidente do CPEIG), Susana Ladra (vicepresidenta do CPEIG) e Diego Seco (director do certame OIG 2026).

- Foto grupal das e dos participantes na OIG 2025
A fase nacional será en Valladolid do 10 ao 12 de abril e a internacional en Uzbekistán do 9 ao 16 de agosto. A competición consistirá na resolución de entre seis ou oito problemas nun prazo de tres horas. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Na OIG permÃtese o uso de C++, Python ou Java. Os problemas adoitan centrarse no deseño correcto e eficiente de algoritmos.
A OIG permitirá seleccionar a dous representantes galegos para participar na XXX OlimpÃada Informática Española (OIE), que se celebrará do 10 ao 12 de abril de 2026 na Escola de EnxeñarÃa en Informática da Universidade de Valladolid. De aÃ, as persoas gañadoras poderán acceder á OlimpÃada Informática Internacional, que se celebrará do 9 ao 16 agosto en Uzbekistán.
Engadir que a olimpÃada está patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC: Centro de Investigación de TecnoloxÃas da Información e da Comunicación (CITIC), Clúster TIC Galicia, Denodo, Dinahosting, DXC Technology, Emetel, Gadisa, Hijos de Rivera, Indra Group, NTT Data, PuntoGal. Grazas a estas entidades patrocinadoras, haberá premios adicionais para os seguintes postos na clasificación, ademais de para a mellor programadora feminina e para o mellor participante da ESO.
