O CPEIG encarga a Andavira a distribución do libro Historia da Informática en Galicia

xoves, 20 de outubro do 2016 Redacción

JPEG - 116.8 KB
Un intre da presentación do libro celebrada o pasado verán

O pasado verán presentábase o libro Historia da Informática en Galicia. Unha cronoloxía. (editado por Henrique Neira), ao acto acudían o presidente da Xunta de Galicia e os coordinadores do volume: Javier García Tobío, director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e membro da Xunta de Goberno do CPEIG, amais do presidente deste colexio, Fernando Suárez Lorenzo. Arestora chéganos a nova de que o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) xa ten asinado un contrato coa empresa Andavira Editora S.L. para a distribución deste libro.
Pola súa banda, o presidente do CPEIG anunciaba que o prezo de venda do libro será de 30 euros, incluído o IVE. Os interesados no volume poden solicitalo a través do correo electrónico info@andavira.com. No caso das colexiadas e colexiados, o único pagamento que deben facer corresponde aos gastos de embalaxe e envío que serán de 6€ na Península (e 10€ nas Illas Baleares, Canarias e Portugal). Asemade, as persoas colexiadas poden conseguir o libro no centro de negocios onde se atopa a sede do Colexio (Fernando III O Santo, 13, 1ºA, Santiago de Compostela) e tamén na ESEI en Ourense e na FIC na Coruña sen gasto ningún. Para isto abonda con enviar un correo ao enderezo habilitado indicando o punto de recollida desexado (sede CPEIG, ESEI ou FIC) e os datos da/o colexiada/o.

PUBLICIDADE