O CPEIG entrega este sábado 15 os premios da OIG 2025 (e das anteriores edicións dos seus certames)

martes, 11 de marzo do 2025 S. P.

Foto de grupo das gañadoras e gañadores da pasada edición da OIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas (USC, UDC e UVigo), organizou o pasado domingo 17 de febreiro a Olimpíada Informática Galega 2025 (OIG 2025) na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC. O certame, no que participaron 18 estudantes de Educación Secundaria (ESO), Bacharelato e Formación Profesional de grao medio de toda Galicia, terá o seu punto final este sábado 15 de marzo cunha gala múltiple de entrega de galardóns. Será a partir das 12:00 horas, no Auditorio 1 do edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela). No seu transcurso concederanse tamén os premios das pasadas edicións da OIG, do Premio Ada Byron e do Concurso Literario de Protección de Datos do CPEIG.
O evento contará coa presenza do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e será, en palabras do CPEIG, “unha excelente ocasión para recoñecer o talento e o esforzo do alumnado participante”.
Palmarés OIG 2025
Os gañadores do certame 2025 foron, en primeira posición, David Lago Alonso, estudante do IES Pedro Floriani de Redondela; e no segundo posto Artai Isasi Vázquez, estudante do IES de Sar de Santiago.
Os premios foron os seguintes:
-1º clasificado: David Lago Alonso. IES Pedro Floriani de Redondela. 400 euros e asistencia á XXIX Olimpíada Informática Española.
-2º clasificado: Artai Asasi Vázquez. IES de Sar de Santiago. 300 euros e asistencia á XXIX Olimpíada Informática Española.
-3º clasificado: Hugo Domínguez Conde (de Vedra). CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 250 euros.
-4º clasificado: Hugo Gorgojo Basanta. IES Perdouro de Burela. 200 euros.
-5º clasificado: Nicolás Freiría Casal. IES Ribeira do Louro do Porriño. 200 euros.
-Mellor rapaza clasificada: Rocío Pérez-Muñuzuri Fernández. CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 150 euros.
-Mellor estudante da ESO: Laura Souto Bravos. CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 150 euros.
Os dous primeiros clasificados na OIG 2025 acceden de xeito directo á fase nacional da XXIX Olimpíada Informática Española (OIE), que se celebrará do 4 ao 6 de abril de 2025 na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (FIC) da UDC, primeira vez que a olimpíada española se celebra en Galicia, evento que tamén contará coa colaboración do CPEIG para a súa organización. De aí, os gañadores poderán acceder á 37ª Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará do 27 de xullo ao 3 de agosto en La Paz (Bolivia).
A OIG 2025 está patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC: Apser Cloud Services, AWS, Clúster TIC Galicia, Denodo, Dinahosting, DXC Technology, PuntoGal, GDI, Mindata, Minsait, NTT Data, Oracle, Sixtema e Veritas.
Palmarés OIG 2024
-1º Clasificado: Pedro Rey.
-2º Clasificado: Hugo Domínguez Conde.
-3º Clasificado: Juan Pablo Pardo Pérez.
-4º Clasificado: Hugo Gorgojo Basanta.
-5º Clasificados: Miguel Pérez Barreiro e Isabel Villar García.
Mellor rapaza clasificada: Isabel Villar García.
-Mellor estudante da ESO: Miguel Pérez Barreiro.
Palmarés OIG 2023
-1º Clasificado: Óscar Carballo Puebla.
-2º Clasificado: Pedro Rey Anca.
-3º Clasificado: Isabel Villar García.
-4º-6º Clasificados: Juan Pablo Pardo Pérez, Mario Prada Rodríguez e Hugo Domínguez Conde.
-Mellor programadora feminina: Isabel Villar García.
-Mellor participante da ESO: Mario Prada Rodríguez.
Concurso AdaByron
AdaByron 2022
-Ganador Categoría A: Conc.
-Ganador Categoría B: Rust Evangelists.
-Ganador Categoría C e global: MeuGang.
-Ganador UDC: The High Elders.
-Ganador USC: MeuGang.
Equipos representantes de Galicia na fase nacional: MeuGang, The High Elders, Base(d)Code, we use arch btw, Rust Evangelists.
AdaByron 2023
-Ganador Categoría A: Binary Bandits.
-Ganador Categoría B: SegvFault.
-Ganador Categoría C e global: The High Elders.
-Ganador UDC: The High Elders.
-Ganador USC: Costa Compás.
-Ganador UVigo: O enxebre do bit.
Equipos representantes de Galicia na fase nacional: The High Elders, Costa Compás, we use arch btw, Binary Bandits, SegvFault.
AdaByron 2024
-Ganador Categoría A: Ácido clorhídrico.
-Ganador Categoría B: Los Bandidos Binarios.
-Ganador Categoría C e global: nome do equipo (nome do equipo).
-Ganador UDC: Los Bandidos Binarios.
-Ganador USC: nome do equipo (nome do equipo).
-Ganador UVigo: ); CREATE TABLE Joke(ID INT); —.
Equipos representantes de Galicia na fase nacional: nome do equipo (nome do equipo), AbuelosDG, Los Bandidos Binarios, Ben sabe Dios que o intentamos, Ácido clorhídrico, ); CREATE TABLE Joke(ID INT); —.
Concurso Literario de Protección de Datos
2024
Categoría Primaria: Lara Da Pena Fidalgo (ROJO.pdf).
Categoría ESO: Antón Álvarez Rodríguez Infame (Infame.pdf).
Recoñecemento especial: CEIP Virxe da Pena da Sela.
2023
3º-4º ESO: Álvaro López Mosquera (Lopimosq.pdf).
5º-6º Primaria: Lucía Rodríguez Pérez (LURO.pdf).