O CPEIG entrega o Premio Colaboración Interadministrativa ao programa formativo do CNTG
venres, 6 de xuño do 2025
A XVII Noite da EnxeñarÃa en Informática de Galicia, organizada polo Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG), vaise celebrar o 27 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago e dende o CPEIG seguen a anunciar aos premiados. Desta volta falamos do Premio Colaboración Interadministrativa que vai parar á Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego polo seu programa formativo do Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia (CNTG) para profesionais galegos do sector TI, froito da colaboración público-privada.
Indo ao programa formativo do CNTG, dicir que está dirixido tanto aos profesionais galegos como a desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, conta na programación 2024/2025 con 137 cursos e 133 seminarios técnicos, sendo o programa formativo para profesionais TI máis relevante en todo o Estado español. O programa achega preto de 2.700 prazas e case 7.000 horas de formación, con accións formativas de fabricantes e entidades tan relevantes como Microsoft, Amazon, Google, RedHat, Oracle, Cisco, Fortinet, VMware, SANS Institute, ISACA, ISC2, ISMS Forum, Securizame, Linux Professional Institute, PMI, etc.
Engadir que na elaboración da programación, a Dirección xeral contou coa colaboración do sector TI galego para aliñar as necesidades formativas do sector para o 2025 coas accións formativas programadas polo CNTG. A demanda foi tal que se recibiron tres candidatos por cada praza ofertada, asà como a valoración do alumnado das accións, superior ao 9 tanto na valoración dos cursos como dos docentes e do propio centro. Asemade, tamén se contou coa colaboración de entidades como o Nodo Galego de Ciberseguridade, liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galician (AMTEGA).
Falando da programación deste ano, tratou diversos temas: a ciberseguridade, a Intelixencia Artificial, os servizos na nube, e a ciencia de datos, sen esquecer a xestión avanzada de proxectos e a administración de sistemas.
Engadir que estas accións formativas, que inclúen a certificación oficial do fabricante ou organismo responsable, permiten aos profesionais do sector mellorar as súas competencias, e aos futuros profesionais recualificarse (reSkilling) para acceder ao sector, que conta cun bo número de postos dispoñibles.
Por último, sinalar que serán a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, Zeltia Lado Lago; e o director do CNTG, Carlos Vázquez Mariño os encargados de recoller o galardón na XVII Noite da EnxeñarÃa en Informática de Galicia.
