O CPEIG fórmanos en datos persoais nun curso da EGAP
venres, 14 de decembro do 2018
O
presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de
Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, vai
participar actividade no curso monográfico Protección de datos e
ciberseguridade, que vén da man da Escola Galega de Administración
Pública. E farao o mércores 19, nun relatorio, achegando novos
conceptos e recursos de valor sobre datos persoais e protección en
liña. O curso desenvolverase os días 18 e 19 de decembro na sede da
EGAP en Compostela. Fernando Suárez, ademais, será o encargado da
dirección académica da actividade formativa.
O
obradoiro ten como obxecto principal afondar na normativa relacionada
coa protección de datos de carácter persoal e a ciberseguridade
desde un punto de vista teórico-práctico, “sinalando as novidades
existentes e dando conta dos puntos máis esenciais e característicos
da súa aplicación na Administración Pública e, en particular, no
ámbito do sistema universitario”. En última instancia, búscase
botar luz sobre o funcionamento e aplicación da normativa, dando
resposta aos posíbeis conflitos e dúbidas que poidan xurdir do seu
seguimento.