O CPEIG ofreceu unha charla sobre navegación segura para a rapazada ingresada no CHUS
martes, 27 de xuño do 2023
O
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
organizou onte luns, 26 de xuño, unha
charla sobre navegación segura e uso responsábel de Internet
para as nenas e nenos ingresados no Complexo Hospitalario
Universitario de Santiago (CHUS).
A
charla, organizada en colaboración coa Asociación de Ayuda a Niños
Oncológicos de Galicia (ASANOG), foi impartida polo presidente do
CPEIG, Fernando Suárez.