O CPEIG organiza unha xornada sobre as múltiples vantaxes da tecnoloxía de contedores

xoves, 22 de xuño do 2017 Redacción

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) segue adiante coas súas actividades de divulgación e formación tecnolóxica, ao abeiro das celebracións dos seus dez anos de andaina. Sen ir máis lonxe, este 29 de xuño organiza en Santiago a xornada Introdución a DevOps, uso de microservizos e tecnoloxía de contedores. A cita vén da man do CPEIG co patrocinio da firma HPE e a colaboración de ABANCA. Contarase cunha salientábel equipa de expertos nas devanditas materias.
Segundo informa o CPEIG a conto dos porqués desta xornada, as tecnoloxías innovadoras de contadores amosan un importante potencial para o noso tecido produtivo, e de feito xa se teñen amosado as súas vantaxes para empresas e administracións en múltiples exemplos, axudándoas a ser máis áxiles, máis competitivas e a aliñarse axiña coa nova mentalidade dixital; “en definitiva, axudándoas a levar a cabo a súa transformación dixital”, sinala o colexio que preside Fernando Suárez, facendo fincapé nos cambios que estamos a vivir (transformacións nos xeitos de construír, despregar ou distribuír software) e como estes cambios veñen inducidos por tecnoloxías que crean contedores carrexábeis de aplicacións e eliminan as barreiras entre desenvolvemento e produción.
Na xornada do 29 de xuño os expertos participantes tentarán responder á seguinte pregunta: “Están as organizacións preparadas para levar os contedores á súa produción?”.
A asistencia ao encontro, que se celebrará no Centro ABANCA Obra Social, na Praza de Cervantes en Santiago de Compostela, é aberta, previa inscrición en introducion-devops.eventbrite.es/.


Programa


10:30h - 10:45h Apertura


Fernando Suárez – CPEIG


10:45h - 11:15h Torusware - Qué é DevOps e por qué os colectores axilizan a súa implantación


Guillermo López - CEO TorusWare


11:15h-11:45h Gartner - Gartner Research: Design Thinking and Innovation.


Erik Van Ommeren - Analista Gartner


11:45h - 12:00h Pausa para café.


12:00h - 12:30h Red Hat - DevOps, contedores e aplicacións Cloud nativas.


Ramon Gordillo, Solution Architect RH.


12:30h - 13:00h HPE
- Infraestrutura como código para contornas DevOps.


Pablo Ráez, Category manager HPE.


13:00h - 14:00h Mesa Redonda. Aplicación e uso de DevOps, e tecnoloxías de colectores na empresa e administración.


Modera Guillermo Lopez, Torusware.


14:00h - 14:15h Peche da xornada.


Fernando Suárez – CPEIG


14:15h: Comida Networking.

PUBLICIDADE