O CPEIG premia o traballo en domótica e eficiencia enerxética do investigador Óscar Blanco
luns, 24 de xuño do 2019
- O investigador coruñés Óscar Blanco nunha imaxe de La Voz
O
traballo do investigador galego Óscar Blanco Novoa (A Coruña, 1992)
en materia de fogar dixital e sustentabilidade vai ter recoñecemento:
o Premio Proxecto Fin de Mestrado que convoca anualmente o Colexio
Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O
galardón, que se vai entregar (xunto con outros nove premios no
marco da Noite da Enxeñaría en
Informática que se celebra o 28 de xuño en Santiago), salienta
a relevancia do do sistema domótico de eficiencia enerxética
argallado por Blanco, que permite automatizar o prendido e apagado de
aparellos, como electrodomésticos ou coches eléctricos.
O
galardón do CPEIG ao Sistema domótico de eficiencia enerxética
no fogar con interface de Realidade Aumentada de
Óscar Blanco ten unha dotación económica de 1.000 euros.
Ademais,
os tres finalistas do X Premio Proxecto Fin de Carreira/ Mestrado en
Enxeñaría Informática (o gañador Óscar Blanco Novoa, o segundo
clasificado Marcos Horro Varela e o terceiro clasificado Alejo Pacin
Jul) beneficiaranse dun ano de colexiación de balde.
Neste
proxecto, Óscar Blanco Novoa desenvolveu un sistema domótico
modular de eficiencia enerxética que permite facer seguimento do
consumo e automatizar o prendido e apagado de diversos aparatos en
base a diferentes parámetros como o custo da enerxía. Ademais, o
sistema garante a integración con diferentes sistemas de terceiros
mediante protocolos e APIs estándar. Tamén desenvolveu unha
aplicación de Realidade Aumentada para as gafas Microsoft HoloLens
que posibilita a monitoraxe e actuación do sistema, a visualización
de datos en tempo real e a entrada en xogo dun modo innovador de
interacción co sistema.
Óscar
Blanco explica que a motivación principal do proxecto xurdiu debido
á necesidade, “cada vez máis urxente”, de ferramentas de
planificación enerxética nas cidades. “Desprazar a carga de
consumo dunha parte dos aparatos conectados á rede de forma
intelixente permite realizar unha produción da enerxía máis
eficiente e aproveitar mellor o renovábel”. Con este obxectivo, en
diferentes países, incluído España, fixáronse tarifas
enerxéticas, cun prezo que varía cada hora, “co obxecto de
incentivar o consumo nas franxas de tempo na que é máis barato”,
sinala, engadindo que “malia todo”, estas tarifas “demostraron
non ser dabondo efectivas debido á incomodidade dos usuarios de
consultar de continuo os prezos”.
O
premiado explica que “o sistema permite que o usuario poida
establecer preferencias como que a lavadora funcione a calquera hora
entre as 8 e as 12 e o sistema encárgase de prendela nesa franxa
cando se minimiza o custo”. Óscar Blanco lembra que este aspecto
“aínda é máis importante no caso dos coches eléctricos, xa que
se a carga realizase de maneira planificada o usuario aforra diñeiro
e realízase un aproveitamento máis eficiente da enerxía,
favorecendo a carga cando hai exceso de enerxías limpas”.
Amais,
gracias á interface de Realidade Aumentada, o enxeñeiro salienta a
posibilidade de interactuar co sistema dunha maneira totalmente
diferente. “Coas lentes de Realidade Aumentada postas poder ver os
historiais de consumo dos aparatos directamente sobre eles e
prendelos e apagalos de xeito remoto”, apunta.