O CPETIG e a AMTEGA fomentan as vocacións tecnolóxicas femininas
xoves, 3 de agosto do 2023
O delegado
territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse
esta mañá á Aula CeMIT de Celanova para participar do inicio do obradoiro Girl
Steam; unha iniciativa da AMTEGA en colaboración co CPETIG, co obxectivo de
dar visibilidade ao rol da muller no eido tecnolóxico e fomentar a presenza das
mulleres nas carreiras Steam. Gabriel Alén estivo acompañado polo director da
área de Sociedade Dixital da Axencia, Miguel RodrÃguez Quelle.
O delegado
territorial sinalou que se trata de impulsar actividades desde idades temperás
dirixidas a rapazas e rapaces para espertar o seu interese e reforzar a
confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM a través de obradoiros
prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxÃa, coa finalidade
principal de fomentar o talento e espertar vocacións tecnocientÃficas.
Gabriel Alén
explicou que na provincia de Ourense xa se desenvolveu esta actividade no
concello de Leiro os pasados 10 e 11 de xullo, e hoxe e mañá levarase a cabo
aquÃ, en Celanova. Participan 12 rapaces e rapazas de entre 8 a 11 anos, que
levarán a cabo unha actividade por equipos que terá como produto final unha
peza audiovisual en formato stop motion. Partirase dun circuÃto de luces led
elaborado polo grupo que sirva de base para elaborar o miniguión e construÃr a
historia con fotogramas que se editará para a presentación final do traballo.
Cada concello contará con dúas quendas por idade, unha para escolares de 8-11
anos e outra para idades comprendidas entre os 12-15 anos, cun aforo máximo de
15 persoas por quenda.
Para o
representante do Goberno galego trátase de impulsar actividades de mentorado
desde idades temperás dirixidas ás rapazas, para espertar o seu interese e
reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM (siglas en
inglés de Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñerÃa, Artes e Matemáticas) e apostar por
profesións do ámbito TIC.
No
desenvolvemento dos obradoiros búscase trasladar mensaxes e elementos
transversais como a igualdade, o sentido crÃtico ante a tecnoloxÃa e o uso
creativo da mesma, a colaboración, o traballo en equipo e a importancia das
artes como ferramenta de desenvolvemento.
Esta actividade
enmárcase no Convenio de colaboración de carácter anual entre a AMTEGA e o
CPETIG co obxectivo de estimular o talento no ámbito das TIC e espertar
vocacións tecnocientÃficas.