O CPETIG elimina a cota de alta como colexiado

xoves, 6 de marzo do 2025 S. P.

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), anunciou o pasado mes de febreiro a supresión da cota de alta como colexiado, vixente até o de agora. A medida foi aprobada na recente xunta de goberno deste órgano. A cota de alta que se suprime é de 40 euros.
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia lembra que mantén o resto de beneficios xa vixentes como a precolexiación gratuíta para estudantes, o desconto do 50% da cota anual para novos titulados ou a exención de cotas para desempregados.
Dende o CPETIG manifestouse que a intención dos órganos de decisión é “eliminar calquera tipo de barreira de entrada para moitos profesionais”.