O CPETIG leva a 15 concellos galegos os seus obradoiros Girl STEAM

venres, 21 de xullo do 2023 S. P.

Un total de 15 concellos acollen os obradoiros Girl STEAM do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), que se desenvolve para “fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a rapazada”. Trátase dunha das actividades destacadas dentro do convenio de colaboración coa Axencia pola Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
A rede de Aulas CeMIT de Galicia son as sedes destes obradoiros, dirixidos a nenas e nenos de 8 a 15 anos, divididos en 2 grupos por idades e con temáticas diferentes: a rapazada de menor idade constrúe nestas actividades unha historia audiovisual coa técnica do stop-motion, mentres os máis maiores empregan tecidos intelixentes con sensórica para obter unha prenda téxtil que reacciona a cambios externos.
O programa que por vez primeira é impulsado polo CPETIG, céntrase nas áreas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) engadindo as Artes para conformar o concepto “STEAM”. Os obradoiros arrancaron o pasado 4 de xullo en San Sadurniño e rematarán en setembro no GaiásTech da AMTEGA, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Estes son os lugares e as datas completas do programa #GirlSTEAM 2023:
San Sadurniño
4 de xullo – de 8 a 11 anos
5 de xullo – de 12 a 15 anos
Betanzos
12 de xullo – de 8 a 11 anos
13 de xullo – de 12 a 15 anos
Ribeira
14 de xullo – de 8 a 11 e de 12 a 15 anos
19 de xullo – de 8 a 11 e de 12 a 15 anos
Ortigueira
17 de xullo – de 8 a 11 anos
18 de xullo – de 12 a 15 anos
A Estrada
20 de xullo – de 8 a 11 anos
21 de xullo – de 12 a 15 anos
Oroso
26 de xullo – de 8 a 11 anos
27 de xullo – de 12 a 15 anos
Celanova
3 de agosto – de 8 a 11 anos
4 de agosto – de 12 a 15 anos
Cuntis
7 de agosto – de 8 a 11 anos
8 de agosto – de 12 a 15 anos
Guitiriz
11 de agosto – de 8 a 11 anos
18 de agosto – de 12 a 15 anos
Santa Comba
16 de agosto – de 8 a 11 anos
30 de agosto – de 12 a 15 anos
Valga
17 de agosto – de 8 a 11 anos
25 de agosto – de 12 a 15 anos
Barreiros
21 de agosto – de 8 a 11 anos
22 de agosto – de 12 a 15 anos
Ribadeo
23 de agosto – de 8 a 11 anos
24 de agosto – de 12 a 15 anos
Vigo
28 de agosto – de 8 a 11 anos
29 de agosto – de 12 a 15 anos
Gaiás Tech (Santiago)
7 de setembro – de 8 a 11 anos
8 de setembro – de 12 a 15 anos


PUBLICIDADE