O CPETIG, novo socio colaborador do IA Contest Song
xoves, 28 de setembro do 2023
O
festival IA Contest Song, a Eurovisión internacional da
Intelixencia Artificial, conta formalmemente cun novo apoio dende a
nosa terra: o
apoio do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática
de Galicia (CPETIG), que se suma á listaxe de socios
colaboradores de ste novo evento artístico-tecnolóxico mundial.
Nado en 2020. A cita será este 4 de novembro na Cidade das TIC (a
antiga Fábrica de Armas da Coruña).
AI
Song Contest é un concurso musical aberto á experimentación, á
combinación de distintas ferramentas (de código aberto e propio)
novas técnicas e uso de datos de maneira creativa durante o proceso
de composición.
Entre
o público asistente e un xurado de profesionais da industria musical
e da IA valorarase a calidade das obras presentadas e a innovación
na interacción entre humanos e Intelixencia Artificial.
Os
equipos poden estar conformados por músicos, investigadores,
produtores musicais, científicos de datos, desenvolvedores ou
calquera outro perfil que axude a crear novos contidos a través da
Intelixencia Artificial.
O
Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de
Galicia – CPETIG, no seu labor de apoio e dinamización deste
sector e dos seus profesionais, convértese neste 2023 en socio
colaborador desta iniciativa internacional.
A
competidora galega: Florespiña
A
nosa terra concorrerá no certame coa canción Florespiña, a
través da cal o Centro
Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC
recreou a voz da cantante galega Ana Kiro, falecida en 2010. Kiro
representará a Galicia co equipo PAMP! logo do importante traballo
despregado por un grupo multidisciplinar de doce persoas artistas,
enxeñeiras, investigadoras e músicas galegas que conseguiu a
segunda posición con AI-Lalelo o ano pasado neste festival.
Segundo sinalaron, o tema Florespiña rende homenaxe á
intérprete cunha viaxe musical do pasado ao futuro, incluído unha
nova versión dela no metaverso, “co obxectivo de inmortalizar e
resignificar o seu legado ás novas xeracións empregando a
intelixencia artificial”, apuntan dende o equipo, liderado polo
director creativo Joel Cava, responsable da delegación galega e
produtor executivo da edición 2023.
A proposta, que conta coa
aprobación expresa e o recoñecemento da famila de Ana Kiro, comeza
cun recitado da artista que regresa tras trece anos de ausencia polo
seu pasamento. Pódese escoitar nas principais plataformas de música
en streaming, por
exemplo en YouTube.