O Campus Industrial de Ferrol acollerá un campamento de verán tecnolóxico
martes, 13 de maio do 2025
O Campus Industrial de Ferrol converterase, entre xuño e xullo, no escenario do campamento tecnolóxico Misión: Salvar a Terra, unha iniciativa educativa e lúdica dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos que organiza, por segundo ano consecutivo, Play Code Academy en colaboración coa Universidade da Coruña (UDC).
O campamento ofrecerá unha experiencia na que a rapazada poderá descubrir como a tecnoloxÃa pode contribuÃr á protección do planeta. Entre as actividades previstas figuran retos como programar drons para reforestar, construÃr robots recicladores ou deseñar estacións meteorolóxicas intelixentes. Durante o desenvolvemento destas tarefas, os participantes afondarán en competencias clave nos eidos da programación, a robótica ou a ciencia aplicada.
As sesións formativas terán lugar en dúas quendas: do 23 ao 27 de xuño e do 30 de xuño ao 4 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00. Ofértase ademais unha modalidade madrugadora, de 8:00 a 9:00, que inclúe servizo de comedor. A tarifa xeral ascende a 129 euros, mentres que os membros da comunidade universitaria poderán acceder cun prezo reducido de 109 euros. Tamén se aplicarán descontos a familias varios fillos participantes.
A iniciativa utilizará ferramentas como LEGO, Arduino, Micro:Bit, Edison, drons, CoSpaces e impresión 3D para achegar aos máis novos ao mundo da tecnoloxÃa e a innovación. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.