O Campus Noroeste da UNED presenta un ciclo gratuíto de conferencias de IA en contornas locais
luns, 10 de novembro do 2025
O Campus Noroeste da UNED, que engloba aos centros de Galicia, Asturias, Castela e León así como Estremadura, ofrece, do 13 de novembro de 2025 ao 14 de xaneiro de 2026 o curso Intelixencia Artificial e Sociedade: Deseño, Ética e Aplicacións na Contorna Local. Este curso exponse como unha experiencia descentralizada, colaborativa e viva entre os centros do Campus Noroeste da UNED, co obxectivo de mostrar como se aplica e proxecta a IA en distintas contornas locais.
Cada sede participante será protagonista, achegando a súa ollada, a súa realidade territorial e o seu relator, “xerando unha narrativa plural e coherente”, informou o Campus, engadindo que “esta actividade non é para aprender IA desde cero de forma técnica, é unha experiencia colectiva de exploración aplicada e crítica, que busca conectar coñecemento, territorio e futuro”.
Este ciclo de conferencias gratuíto poderá seguirse de modo presencial en cada un dos centros que ofrecen os relatorios ou ben en liña, en directo ou en diferido. Para isto último é necesario inscribirse en liña, sempre gratuitamente. Participan os centros da UNED na Coruña, Asturias, Lugo, Ourense, Ponferrada, Pontevedra e Segovia.
O programa será o seguinte:
Xoves, 13 de novembro de 2025
19.00-19.15 h. Presentación do curso, con Víctor M. González Sánchez, director do Campus Noroeste da UNED e Mª Dolores Reina Paz, secretaria do Campus NO e Directora UNED Segovia.
19.15-21.00 h. Un percorrido práctico desde o I+D+i á súa aplicación: IA e robótica humanoide, desde UNED Segovia. O relator será Juan Antonio Rodríguez Sonlleva, CEO Axertia.
Martes, 18 de novembro de 2025
19.00-21.00 h. IA no negocio, desde UNED Lugo, coa presenza de Lara Neira González, CEO de Nigal.
Xoves, 20 de novembro de 2025
19.00-21.00 h. Casos prácticos de aplicacións da IA en procesos de elaboración de lousa natural, desde UNED Ourense. O relator será José Luis Folla Castiñeiras Director industrial de Cupa Lousas.
Venres, 21 de novembro de 2025
19.00-21.00 h. Intelixencia artificial e Sociedade: Realidade Empresarial, Regulación e Boas Prácticas na Coruña e a súa contorna, desde UNED Coruña, con Ergin Kamberov Pose, CEO de Embermind Technologies. Enxeñeiro en Robótica.
Martes, 25 de novembro de 2025
19.00-21.00 h. Optimización dun sistema enerxético mediante Aprendizaxe por Reforzo, desde UNED Asturias. Falará Beatriz de Otto López, doutora en Economía e científica de datos en The Next Pangea.
Xoves, 11 de decembro de 2025
19.00-21.00 h. Melloras en Accesibilidade do Repositorio da UNED baseadas en IA. Desde UNED Ponferrada. Con Marta Vázquez González, coordinadora tecnolóxica de IA en desenvolvemento de aplicacións.
Mércores, 14 de xaneiro de 2026
18.00-20.00 h. Innovación e actualidade na IA, desde UNED Pontevedra. O relator será Javier Martínez Torres, profesor titular da Universidade de Vigo.
