O Campus da Coruña de UIE acollerá unha clase maxistral sobre metaverso e intelixencia artificial

mércores, 26 de outubro do 2022 S. P.

Será mañá, xoves 27 de novembro ás 18:30h, cando teña lugar no Campus da Coruña (Ronda de Nelle, 33) a clase maxistral: O metaverso e a intelixencia artificial a debate, un encontro da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) que tratará sobre a transformación dixital e as novas tecnoloxías.
Estarán presentes Diego Asorey, co-fundador e COO de Kendra Realidades Alternativas, e Óscar González, director de Tecnoloxías da Información do Instituto Tecnolóxico de Galicia, que darán a súa visión como expertos en adaptación de empresas e organizacións á realidade 4.0, que supón avanzar no cambio “ao dixital”.
Pola súa banda Diego Asorey, quen participa actualmente no desenvolvemento dun metaverso con distintas universidades europeas, falará sobre metaverso: que é, que non é e como aproveitalo. En canto a, Óscar González, explicará a Intelixencia Artificial: clave dos procesos de transformación dixital. Aspectos prácticos.
A UIE é unha universidade privada con vontade de proxecto estratéxico de responsabilidade social corporativa e institucional de ABANCA e Afundación, financiada cos seus propios recursos e con bolsas de ata o 15 % dos seus ingresos anuais, dando prioridade a persoas con talento que teñan un baixo nivel de renda.
As persoas interesadas en asistir á clase maxistral do metaverso e a intelixencia artificial a debate poden inscribirse en liña.

PUBLICIDADE