O Campus de Ferrol acolle este sábado a XI edición da FIRST LEGO League Galicia
venres, 21 de febreiro do 2025
A Universidade da Coruña (UDC) organiza a décimo primeira edición da FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia). Será este sábado 22 de febreiro, no Campus Industrial de Ferrol, entre as 09.30 e as 19.00 horas. Desta volta participan un total de 53 equipos (27 na categorÃa FLL Challenge, 22 na FLL Explore e 4 na FLL Discover) e máis de 350 mozos e mozas de distintos puntos de Galicia e de Asturias. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia.
As presentacións dos Proxectos de Innovación faranse nas aulas da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación mentres que o Xogo do Robot se disputará no Pavillón de Esteiro e a entrega de premios terá lugar, en horario de tarde, no Auditorio de Ferrol.
Programa de actividades
De 09:30 a 09:50 horas – Cerimonia de Inauguración no Pavillón de Esteiro.
De 10:00 a 13:30 horas – Presentacións da CategorÃa Challenge na Facultade de Humanidades e Documentación.
De 10:00 a 14:00 horas – Xogo do Robot no Pavillón de Esteiro.
De 11:00 a 13:50 horas – Presentación da CategorÃa Explore na Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF).
De 17:00 a 19:00 horas – Entrega de Premios no Auditorio Municipal de Ferrol.
Que é a FIRST LEGO League?
A FIRST (siglas de For Inspiration and Recognition of Science and Technology) LEGO League é un programa internacional que desafÃa a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorÃas, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxÃas renovábeis. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas gozan coa ciencia e a tecnoloxÃa. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación.
Desde o ano 2022, a asociación Ingeniera.soy é a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en España en colaboración co 20% das universidades españolas, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación como socios. Ademais, a iniciativa é posÃbel grazas á colaboración de empresas e entidades que achegan aos participantes aos coñecementos e profesións STEAM.