O Campus de Ferrol acolle este xoves un seminario sobre Big Data e Intelixencia Artificial

xoves, 2 de decembro do 2021 S. P.

O Grupo de Métodos Numéricos en Enxeñería organiza na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos (Campus de Ferrol), un encontro sobre as posibilidades construtivas e industriais que nos brindan os sistemas intelixentes con capacidade para avaliar e xestionar información a gran escala e axudarnos á toma de decisións. Estamos a falar do Simposio sobre Big Data e Intelixencia Artificial, que vai especialmente dirixido a alumnado e persoal investigador en enxeñería.
Segundo confirmou a UDC, o simposio Big Data e Intelixencia Artificial: Oportunidades Laborais en Enxeñaría celébrase ás ás 12:45 horas no salón de actos da Escola.
No evento, que poderá seguirse en liña, participarán M. Andrés Soage Quintáns, doutor enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, profesor, titulado pola Escola da UDC; Rocío Barro Prieto, enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, titulada pola Escola da UDC; e Antonio Torrado, licenciado en Física e Socio-Director de SDG Group.

PUBLICIDADE