O Campus de Ferrol acolleu a Asemblea Anual de AMIT-GAL
venres, 25 de abril do 2025
O Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolleu este xoves 24 de abril a X Xornada Mulleres na Ciencia, desenvolvida baixo o epÃgrafe Facendo Balance: Retos e Incertezas e organizada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia (AMIT-GAL).
O acto de apertura do evento estivo presidido pola subdirectora da Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) da Universidade da Coruña (UDC), MarÃa José Abad, e máis pola expresidenta de AMIT-GAL e profesora da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC, MarÃa Carreiro.
O programa da xornada incluÃu a conferencia da ex-vicepresidenta de AMIT-GAL e profesora da Escola de EnxeñarÃa de Telecomunicación da Universidade de Vigo (UVigo), Soledad Torres, titulada Como incorporar a dimensión de xénero na investigación. Acto seguido, celebrouse unha mesa redonda na que se falou sobre os retos aos que se enfronta o eido da investigación desde unha perspectiva de xénero.
Neste coloquio, participaron a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da Unversidade de Santiago de Compostela (USC), Sonia RodrÃguez; a subdirectora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña (UDC), MarÃa José Abad; a subdirectora do Centro de Investigacións CientÃficas Avanzadas (CICA) da UDC, MarÃa Isabel González; e a responsable da Comisión de Igualdade no Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do Consejo Superior de Investigaciónes CientÃficas (CSIC), Andrea RodrÃguez. Exerceu como moderadora, a graduada en EnxeñarÃa Naval e Oceánica pola UDC e embaixadora de CT Engineering Group, Laura Alonso.
Ao remate do evento desenvolveuse Asemblea Anual de AMIT-GAL na que resultou elixida como nova presidenta da asociación a investigadora do centro Misión Biolóxica de Galicia (MBG) do Consejo Superior de Investigaciónes CientÃficas (CSIC), Carmen MartÃnez. Acompañarana, nesta nova etapa, Vanesa Valdiglesias (UDC), como vicepresidenta, Eva López (USC) como secretaria, Cintia Sánchez (Incipit – CSIC), como tesoureira, asà como Soledad Torres (UVigo), LucÃa Santiago (UDC) e Zulema Varela (USC), en calidade de vogais.