O Campus de Ferrol amplÃa a súa oferta de mestrados cun tÃtulo interuniversitario en Fabricación Aditiva
xoves, 13 de xullo do 2023
A
Escola
Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF) acollerá, a partires do
próximo mes de setembro, o mestrado universitario en Fabricación
Aditiva, un tÃtulo conxunto e presencial posto en marcha pola
Universidade da Coruña (UDC), como entidade coordinadora, e máis
pola Universidade de Vigo (UVigo). O mestrado, segundo informaron das
súas universidades, terá un alto impacto sobre dous dos catro
sectores tractores galegos, o da automoción e o naval, favorecendo
tamén a incorporación da alta tecnoloxÃa en sectores emerxentes
como poden ser o aeronáutico, a industria da saúde ou os novos
materiais.
O
máster universitario en Fabricación Aditiva está deseñado
para formar a estudantes no eido das tecnoloxÃas de fabricación
aditiva e ofrecerlles experiencia práctica no deseño, adaptación e
construción de pezas ou produtos. Todo isto, permitirá aumentar a
competitividade e impulsar a modernización da industria galega dando
resposta ás demandas do sector e cubrindo a falta de formación
especÃfica que existe no Sistema Universitario Galego (SUG) no que
atinxe a esta tecnoloxÃa.
O
tÃtulo, coordinado pola profesora da Escola Universitaria de Deseño
Industrial (EUDI), MarÃa José Abad, oferta un total de 20 prazas,
10 por universidade, e impartirase na Escola Politécnica de
EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF) e na Escola de EnxeñarÃa Industrial
(EEI) de Vigo. Para o acceso, terá prioridade o alumnado titulado en
EnxeñarÃa Mecánica, EnxeñarÃa en Electrónica Industrial e
Automática, EnxeñarÃa en TecnoloxÃas Industriais, EnxeñarÃa
Eléctrica, QuÃmica Industrial, EnxeñarÃa en Organización
Industrial, EnxeñarÃa de Deseño Industrial e Desenvolvemento de
Produto, EnxeñarÃa Biomédica ou en EnxeñarÃa de Minas e EnerxÃa.
A
fabricación aditiva, tamén coñecida como impresión 3D, é un
proceso que se emprega para crear un obxecto fÃsico (ou 3D) mediante
a superposición de capas de material a partir dun modelo dixital.