O CampusActivo da UVigo comeza o ano con sete cursos TIC
mércores, 10 de xaneiro do 2024
A Universidade de Vigo informou da apertura, no
CampusActivo da UVigo, da matrÃcula para os cursos
do segundo cuadrimestre de e-Destrezas, o programa de formación
gratuÃto impulsado pola VicerreitorÃa de Estudantado e
Empregabilidade coa colaboración do Consello Social orientado ao
desenvolvemento e á mellora de competencias dixitais do alumnado,
persoal docente e investigador e persoal de administración e
servizos da UVigo.
A
nova oferta está composta por sete cursos de 30 horas: seis
sesións de catro horas presenciais máis seis horas de traballo non
presencial.
O curso máis temperán será o de Fundamentos
de ofimática con Office, que arrancará o 29 de xaneiro e
prolongarase ata o 14 de febreiro; seguido de Introdución ás
ferramentas de tradución asistida por ordenador con MemoQ, que
se desenvolverá do 30 de xaneiro ao 20 de febreiro; Fundamentos
de análise e tratamento de datos con Excel, do 2 de febreiro ao
8 de marzo; Fundamentos do deseño CAD con AutoCAD, do 26 de
febreiro ao 13 de marzo; Fundamentos da edición de vÃdeo e son
dixital para a web, do 27 de febreiro ao 14 de marzo; Introdución
práctica á impresión 3D, do 15 de marzo ao 26 de abril, e,
finalmente, Fundamentos de deseño gráfico con Illustrator e
Photoshop, do 8 ao 24 de abril.
Ao rematar a formación, as persoas participantes
recibirán un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das
horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de
grao por cada 30 horas.