O Carballo Interplay anuncia novos espectáculo e obradoiros
venres, 10 de marzo do 2023
O Carballo Interplay, que terá lugar os
días 29, 30, 31 de marzo e 1 de abril, segue anunciando novas actividades para
a súa décima edición, que servirá coma homenaxe aos seus dez anos de
experiencia. O festival contará ca presencia de vellos coñecidos coma David
Sainz, Teresa Segura, Hematocrítico o Noel Ceballos, en formatos tan dispares
coma un Código Fonte Audiovisual ou a gravación en directo dun podcast.
Tras o anuncio de
numerosas actividades relacionadas co talento galego, nesta ocasión chega a
quenda dos espectáculo e obradoiros, sempre relacionados ca industria cultural
e dixital e con un toque nostálxico que reivindica os dez anos de experiencia e
experiencias que acumula o Interplay.
En primeiro
lugar, o venres 31 ás 20:00 gravarase en
directo o podcast Nacho Martín Project Live. Esta actividade para
nostálxicas con risas aseguradas consiste na análise, episodio a episodio, da
coñecida serie Médico de familia, e gravarase con público por primeira vez no
Carballo Interplay.
Os seus
presentadores son Noel Ceballos, xornalista, escritor e redactor de cultura na
revista GQ, Hematocrítico, escritor, humorista e autor de literatura infantil,
e Nus Cuevas, compositora de BSOs, artista de video/motion 3D e especialista de
contido en márketing. Farán un percorrido pola historia da familia do Doctor
Martín e explicarán conceptos como “La guitarra del SIDA” ou “El tratamiento
Chechu”.
Ao día seguinte,
o sábado 1 de abril ás 19:00, xusto antes da Gala de entrega de premios, chega
o Código Fonte Audiovisual
de David Sainz e Teresa Segura. Un Código Fonte Audiovisual é un formato
híbrido entre conferencia e proxección no que se invita a alguén a que
seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais que marcaron a súa
cultura e a súa forma de entender o mundo.
Nesta edición,
actuarán como curadores de contido David Sainz y Teresa Segura, dous vellos
coñecidos do festival. David Sainz é actor, guionista e creador da webserie Malviviendo,
mentres que Teresa Segura é produtora executiva e directora de todos os
proxectos escritos por David na produtora Different Entertainment SL.
Neste Código Fonte
Audiovisual ambos farán un percorrido audiovisual das películas, series e vídeos
que marcaron a súa infancia e adolescencia ata chegar ao momento no que se
coñeceron, hai 14 anos.
Ademais, nesta
edición levarase a cabo o primeiro
obradoiro de creación de memes da historia do festival. Nel reflexionarase
sobre as posibilidades comunicativas e a capacidade de xerar unha lingua propia
que teñen os memes. Repasaranse os usos que se fixeron á hora de xerar
comunidades e transmitir mensaxes de xeito propagandístico, cifrado y
humorístico.
Este obradoiro
será impartido por Proyecto Una, unha colectividade millennial cuxo
cometido é dar valor ás alianzas feministas forxadas ao calor dos píxeles. As
creacións pasarán a formar parte do banco de memes oficial do Carballo
Interplay.