O Carballo Interplay pon o foco nos proxectos dixitais que empregan a Rede para mudar o mundo

venres, 10 de setembro do 2021 S. P.

JPEG - 62 KB
Participantes na actividade Másters da Internet na actual edición do CIP

O Festival de Contidos Dixitais de Carballo, o Interplay, pecha este sábado 11 de setembro a súa 8ª edición cunha xornada adicada aos proxectos que empregan a Rede como “unha ferramenta para mellorar o mundo” e “a aquelas propostas que se apoian no humor para abordar asuntos como as relacións de parella, a saúde mental, a loita contra o machismo ou polos dereitos do colectivo LGTBI”. O certame, un prestixioso, sobranceiro e pioneiro achegamento ás novas correntes de creación audiovisual e tecnolóxica, vén da man de Interplay Producións e o Concello de Carballo.
En concreto, o festival porá o foco na dita xornada do 11 nos aspectos menos positivos de Internet, onde “tamén agroman os comportamentos tóxicos, favorecidos por uns misteriosos algoritmos que multiplican o seu alcance entre unha sociedade debilitada e fácil de alporizar”, sinalan dende a organización, engadindo que o sábado ás 10.00 horas ábrese a xornada cunha mesa sobre Activismo na Rede que contará coa presenza de Pol Andiñach (Vilassar de Mar, 1991), coordinador do colectivo de xornalistas Cuellilargo e autor do libro Todo el mundo puede ser antifa. Manual práctico para destruir el fascismo (2021); Laura Tabarés (León, 1991), membro do colectivo de produción cultural especializado en virtualidade e programas educativos con perspectiva feminista Ontologías Feministas; e parte da colectividade millennial Proyecto UNA, que investigan sobre as guerras culturais de poder nos medios, Internet e a realidade analóxica.
O festival conversará tamén de Humor, precariedade xeracional e ilustración coa viñetista, cómica e creativa Anastasia Bengoechea (Barcelona, 1982), Monstruo Espagueti; coa ilustradora e humorista Violeta Navas Ortega (Granada, 1994), La Prados; e coa viñetista Roberta Vázquez (Santiago de Compostela,1989), autora do cómico ¡Socorro! coa editorial Apa Apa.
Pecharán a mañá de sábado Esnórquel e Perra de Satán co seu podcast ¿Puedo hablar! onde cada semana analizan, co seu particular humor e sen censura, cuestións como a saúde mental, os seus corpos, a política, a cultura, o ligoteo, o sexo, a depresión... e moita televisión dos noventa. Esnórquel será, tamén, o encargado de ofrecer ás 17h o seu Código Fonte Audiovisual, un percorrido por vídeos de Youtube de alcance queer que marcaron a súa adolescencia na aldea e na universidade.
A tradicional gala de entrega de premios, ás 21h, pechará a 8ª edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. “Será”, explica a organización do certame, “un concerto escénico, unha experiencia de resistencia na que mesturan o reguetón, as proxeccións, o mundo dos debuxos animados e algúns premios para as mellores series da sección oficial, entre tema e tema”.
O programa ao completo do CIP
-Mércores 8
20h00. Apertura
20h30. Estrea Kamikaze
-Xoves 9
10h30. Masters da Internet. 1º encontro transversal de creación galega en iña
Panel 1 | Youtube e Podcast con Olaxonmario, Nee Barros, Isaac González, Samuel L. París e Carme D. Prol. Modera: Alba Mancebo
Panel 2 | Tik Tok, Twitter e Twitch con Malva, Leti da Taberna, Jon Amil, Mira1cousinha e Agos Reigosa. Modera: Esther Estévez
13h30. Café con CREA: Conversas de serie web, con Sonia Mendez (Angélica y Roberta), Irene Pin (Amnesia 3.0), Javi Camino (El viudo quiere mimos), Óscar Cruz (colectivo Porco Bravú). Modera: Lucía Estévez
17h00. Sección Oficial. Bloque Galicia VO: Arrieiros Somos, Dúo Vaguedades, Mataría MicroSerie e Pandemials.
17h00. Taller creación contidos con FREEDA. Outros xeitos de evolucionar na comunicación para chegar ás xeracións máis novas
19h00. En galego, en construción. Pitching de proxectos de serie web
-Non son a túa avoa
-Pringadas
-Pulp Air
-Trela, clínica de suicidios
21h00. Estrea de Cacola, serie de David Fidalgo gañadora do Premio a proxecto no VII Carballo Interplay
-Venres 11: Día PRO
10h30. O xiro cara o contido de actualidade. Debate e conciencia social: con Freeda, Canal 180 e Playz.
11h30. Contidos dixitais e innovación. Onde poñen o foco as canles públicas?: con RTP Lab e Televisión de Galicia.
12h30. Presentación produtoras e creadores dixitais de Portugal: Promenade, Galo Bravo, PiXbee, MT 360 / ManyTakes, Wonder Maria Films, Ankylosaur, Todos.pt
16h00. Sección Oficial. Internacional 1: Dominos 2, Historias Migrantes, Pepper, todo por un like e Refugee Roads.
17h00. AGADIC. Unha nova vía para a produción de series web. Con Dolores Meijomín, directora de política audiovisual da AGADIC.
17h30. Encontro PRO
17h30. Sección Oficial. Internacional 2: #WFH, Cross, Freedom Farm Sanctuary, Good Monsters e Mortal Glitch.
20h00. Pochosfera: momentos penosos da internet. Con David Pareja e Lorena Iglesias
22h00. Rajando con... Carolina Iglesias, Victoria Martín e Henar Álvarez
-Sábado 11
10h00. A Internet de mudar as cousas
Panel 1 | Activismo na Rede: Proyecto UNA, Ontologías Feministas, Cuellilargo
Panel 2 | Humor, precariedade xeracional e ilustración: Monstruo Espagueti, La Prados, Roberta Vázquez
13h00. Puedo hablar? Con Perra de Satán e Esnórquel
16h00. Sección Oficial. Internacional 3: Best Before (Meilleur Avant), Over And Out, Psicóticas Inseguras e What’’s Next?
17h30. Sección Oficial. Estatal: Amor superdotado, Backstage, Drácula, el vampiro gallego, I am Who I am, La reina del pueblo e Riders.
19h00. CFA Esnórquel: Maricón.mp4 – Miradas queer en 240p
21h00. Entrega de premios con Fer Epelde + Rebel Gardens.

PUBLICIDADE