O Casino de Noia dará acollida a un curso de fotografía, mercadotecnia e redes sociais

venres, 5 de xullo do 2024 S. P.

O Edificio do Casino de Noia vai dar acollida o vindeiro 17 de xullo a unha actividade formativa de marketing (mercadotecnia) gráfico orientado ao ámbito comercial e con vistas a mellorar a nosa actividade nas redes sociais. O I Curso de Fotografía de Produto vén da man da axencia Moira e achegará recursos aos profesionais e ás pemes locais para optimizar a edición de fotografías e os conceptos básicos sobre esta práctica, referencias, estilos, coherencia de marca, etc.
Será o 17 de xullo en horario de mañá, a partir das 10.00. Máis datos en 981 84 21 00 e en info.concellodenoia@gmail.com. Tendo en conta o éxito de participación acadado, a axencia Moira e o Concello anunciaron unha segunda edición do curso para vindeiras datas.