O Centro Empresarial do Tambre celebra unha xornada cun simulador virtual para profesionais da seguridade

mércores, 19 de febreiro do 2025 S. P.

Dende a Asociación Área Empresarial do TAMBRE (AAET) levouse a cabo unha xornada formativa en materia de seguridade, organizada pola empresa Proinsa. O encontro salientou pola incorporación do simulador virtual Octopus Tactical Software, desenvolto por Last Monkey Studio, que achegou aos participantes unha experiencia de adestramento realista e de alto nivel.
Indo ao software Octopus, dicir que simula unha ampla gama de situacións de risco, permitindo aos profesionais de seguridade practicar habilidades esenciais como o control físico, a xestión do estrés e o uso axeitado de equipos de protección e defensa. Esta ferramenta achega unha formación segura e controlada, mellorando a preparación e a resposta ante posíbeis situacións de risco.
A xornada contou coa participación de arredor 40 profesionais de diversos corpos de seguridade, incluíndo empresas de seguridade privada, Policía Nacional, Policía Local e Garda Civil. Engadir que a diversidade de asistentes enriqueceu o intercambio de coñecementos e experiencias, fortalecendo a colaboración entre os diferentes actores da seguridade.